Colectivo
Aparencia
Un colectivo é un grupo de persoas que comparten, están motivadas ou traballan a prol dun mesmo tema, interese, ou obxectivo.
Características
[editar | editar a fonte]Caracterízanse por compartir e exercer o poder político e social, e tomar decisións baseadas no consenso e nos principios igualitarios. Aínda que un colectivo pode buscar beneficios económicos isto non é unha condición definitoria, o cal o diferencia dunha cooperativa.
Un colectivo tamén pode estar conformado por individuos de diversas motivacións que compartan un sitio onde vivir, xa sexa unha estrutura ou unha zona. A conciencia colectiva é un termo creado polo teórico francés Émile Durkheim, que describe como unha comunidade chega a compartir valores comúns.