Colexio Compañía de María de Santiago de Compostela
Colexio Compañía de María de Santiago de Compostela | |
---|---|
Vista do colexio | |
Enderezo | |
Datas | |
Educación | |
Xestión | |
Na rede |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A Compañía de María de Santiago de Compostela, tamén coñecido como a Ensinanza (debido á rúa onde se atopa, do mesmo nome) é un centro educativo concertado. Foi fundado no ano 1759 baixo a titularidade da Orde da Compañía de María. Hoxe en día impártese dende Infantil a Bacharelato e, malia que comezou sendo un centro educativo só para mulleres, actualmente xa se integraron os alumnos de xénero masculino.
Historia e características
[editar | editar a fonte]A súa orixe está na vontade testamentaria de Mateo Vázquez, natural de San Pedro de Présaras, residente e morto no Perú en 1744. Nun testamento deixou 100.000 pesos destinados a unha fundación en Santiago de Compostela, de Carmelitas ou Capuchinas. Valentín Sánchez Boado, o seu curmán e testamenteiro trouxo a Santiago os 100.000 pesos pero atopouse con que xa estaba en marcha a fundación dun mosteiro de Carmelitas e que existía outro de Capuchinas. En vista disto decidiu fundar un Convento de Ensinanza. As monxas fundadoras do centro chegaron a Santiago dende Tudela en novembro de 1759. Púxose a primeira pedra o 10 de maio de 1760. Bendiciuse a capela provisional o 26 de outubro de 1765. O 24 de marzo de 1770 ten lugar a bendición da igrexa actual.
No século XIX a cargo de Rafael Múzquiz Alduante (1801-1821) terminouse a igrexa e a parte de clases que dan a poñente, por iso, os seus escudos vense pola parte posterior da igrexa e na fachada do edificio.