Colexio Sagrado Corazón do Carballiño
Colexio Sagrado Corazón do Carballiño | |
---|---|
Fachada do colexio | |
Enderezo | |
Datas | |
Educación | |
Xestión | |
Na rede |
O CPR Plurilingüe Sagrado Corazón é un centro de ensino concertado, situado na vila do Carballiño, no corazón do casco urbano.
Historia
[editar | editar a fonte]O Sagrado Corazón forma parte dunha congregación relixiosa franciscana de 18 centros en toda España. A fundadora das irmás Franciscanas Misioneiras da Nai do Divino Pastor foi María Ana Mogas Fontcuberta, no ano 1850 en Ripoll.[1]
Este colexio foi fundado no ano 1931, grazas á doazón dos irmáns Prieto, quen deixaron no seu testamento o desexo de construír un colexio para os nenos e nenas con necesidades, e foron as relixiosas Franciscanas Misioneiras da Nai do Divino Pastor que fixeron posible este anhelo. Nun primeiro momento só podían matricularse rapazas, ao tratarse dun internado exclusivamente para mulleres, a excepción do curso de 3 anos no cal se mesturaban ambos os sexos. Non foi ata a década de 1980 cando se permitiu o acceso tamén a homes, que ata ese momento realizaban os seus estudos no colexio Isabel La Católica, coñecido na vila como o Colexio do Corral.[2]
No centro estudou Mariano Rajoy en 1958.[3]
Descrición
[editar | editar a fonte]Consta de catro plantas nas que se distribúen as distintas aulas de ensino. Na planta baixa localízanse as tres aulas de educación infantil, o patio e o ascensor para acceder a todo o edificio.
No primeiro piso atópanse as clases de primeiro, segundo, terceiro e cuarto de educación primaria, ademais do despacho de dirección, a secretaría, a aula de música e o laboratorio; na segunda planta encontramos o despacho de xefatura de estudos, o do departamento de orientación e a sala do profesorado, ademais das aulas de quinto, sexto, informática, tecnoloxía e a biblioteca. No último andar está o ximnasio, a aula de audición e linguaxe/pedagoxía terapéutica e as clases de educación secundaria obrigatoria.
Tamén conta con comedor no propio centro e unha capela para render culto e celebrar a eucaristía.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Patio do CPR Plurilingüe Sagrado Corazón
-
Capela do CPR Plurilingüe Sagrado Corazón
-
Recepción do CPR Plurilingüe Sagrado Corazón
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "HISTORIA | CPR Plurilingüe Sagrado Corazón, O Carballiño". www.sagradocorazonocarballino.anamogas.org. Consultado o 2019-05-17.
- ↑ "O Carballiño recuerda a O Corral". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-11-28. Consultado o 2019-05-17.
- ↑ Portalo, Ana. "Marianito, el niño que llegó a ser presidente". ABC.es (en castelán). Consultado o 2019-05-17.