Colin Kaepernick
(2015) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 3 de novembro de 1987 (37 anos) Milwaukee, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Relixión | Protestantismo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | University of Nevada, Reno (en) - administración de empresas (–2010) John H. Pitman High School (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 196 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 106 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | xogador de fútbol americano | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Membro de | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | Fútbol americano | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Quarterback | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 7 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Sitio web | kaepernick7.com | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Colin Rand Kaepernick, máis coñecido como Colin Kaepernick, nado o 3 de novembro de 1987, é un xogador profesional de fútbol americano na posición o cargo de quarterback, axente libre da National Football League (NFL) e activista polos dereitos humanos e contra a segregación racial.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Kaepernick é fillo de Heidi Russo, que tiña 19 anos cando o deu a luz. O seu pai biolóxico, afroamericano, desapareceu antes de nacer.[1] Russo deu o seu fillo en adopción a Rick e Teresa Kaepernick, unha parella "branca" que tiña dous fillos (Kyle e Devon) e quería un neno despois de perder outros dous por unha enfermidade cardíaca conxénita.[1] Kaepernick converteuse no menor de tres irmáns. Viviu en Fond du Lac, Wisconsin, até os catro anos, e foi ao instituto en Turlock, California.[2] [3]
Carreira
[editar | editar a fonte]Na adolescencia destacou como xogador de béisbol, e tivo ofertas para xogar nas grandes ligas, tal como el mesmo relata na miniserie biográfica Colin in Black & White, emitida en Netflix desde 2021, pero rexeitounas para xogar ao fútbol americano.[4]
San Francisco 49ers
[editar | editar a fonte]O 29 de abril de 2011, os 49ers de San Francisco cambiaron cos Denver Broncos décimo terceiros na segunda rolda (escolla 45) para seleccionar a Kaepernick como a cuarta elección na segunda rolda (escollida 36) no 2011. Os Broncos recibiron as seleccións 45, 108 e 141, a cambio da selección número 36.
Super Bowl
[editar | editar a fonte]Cos 49ers, Kaepernick gañou 2 títulos de división, 1 campionato da NFC e xogou na Super Bowl XLVII, onde perderon ante os Baltimore Ravens por 34-31, no que tivo un touchdown de 15 iardas.
Récords da NFL
[editar | editar a fonte]- O touchdown por carreira máis longo dun quarterback nun Super Bowl: 15 yardas (Super Bowl XLVII vs. Baltimore Ravens)[5]
- Máis yardas terrestres por un mariscal de campo (quarterback) nun xogo: 181 yardas (Playoffs vs. Green Bay Packers)
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Kaepernick é cristián, bautizado no rito metodista, con confirmación luterana, e asistiu a unha igrexa bautista durante os seus anos universitarios.[6] Desde xullo de 2015 saíu coa presentadora Nessa Diab, oficializando a relación en febreiro de 2016. A parella tivo o seu primeiro fillo en 2022.[7]
Segue unha dieta vegana desde finais de 2015.[8]
En 2016, fíxose famoso por axeonllarse durante a interpretación do himno estadounidense nun partido oficial da liga, en protesta pola violencia contra a poboación negra. O feito foi criticado varias veces por Donald Trump.[9] Pouco antes, participou en Know Your Rights Camp, unha campaña dirixida á mocidade co propósito de aumentar a conciencia sobre a educación superior, a alfabetización financeira e como interactuar coas forzas da orde. A declaración de dereitos é unha adaptación do Programa de 10 puntos do Black Panther Party. A consecuencia diso, ficou sen equipo para xogar na NFL desde 2017.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Rick Reilly: Kaepernick's birth mom yearns for contact". ESPN.com (en inglés). 2013-01-30. Consultado o 2023-09-03.
- ↑ Himmelsbach, Adam (2010-08-28). "Not a Household Name, Not Even in Nevada". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2023-09-03.
- ↑ "Adelson: Nevada's Kaepernick a humble star". ESPN.com (en inglés). 2010-10-03. Consultado o 2023-09-03.
- ↑ "Colin in Black & White". 2021-10-29. Consultado o 2023-09-03.
- ↑ "Records set / tied in Super Bowl XLVII". FOX Sports (en inglés). Consultado o 2023-09-03.
- ↑ "Kaepernick-sparks-tattoo-controversy". sfgate.com (en inglés). 30 de novembre de 2012.
- ↑ Truffaut-Wong, Olivia (2022-08-29). "Colin Kaepernick and Nessa Diab Welcome Their First Child". The Cut (en inglés). Consultado o 2023-09-03.
- ↑ "Kaepernick: Weight loss not due to vegan diet". NBC Sports Bay Area & California (en inglés). 2016-08-30. Consultado o 2023-09-03.
- ↑ "¿Qué ha pasado con Colin Kaepernick, el jugador que originó las protestas durante el himno de EE.UU. y fue centro de la polémica con Donald Trump?". BBC News Mundo (en castelán). Consultado o 2023-09-03.
- ↑ "He-took-a-knee-on-the-field-in-protest-now-he-has-no-team". npr.org (en inglés).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Colin Kaepernick |
A Galipedia ten un portal sobre: Estados Unidos de América |