Collins Bird Guide
Collins Bird Guide | |
---|---|
A capa do libro da edición do 1999 leva unha ilustración dunha curuxa común. A ilustración superior corresponde ó libro The Birds of Asia. Volume 1 de John Gould e HC Richter, publicado entre 1850 e 1883. | |
Título orixinal | Collins Bird Guide |
Autor/a | Lars Svensson e Peter J. Grant |
Ilustrador/a | Killian Mullarney e Dan Zetterström |
Orixe | Reino Unido |
Lingua | sueco, danés, inglés, castelán, alemán, holandés, portugués, francés |
Xénero(s) | guía de identificación |
Editorial | HarperCollins |
Data de pub. | 1999 |
ISBN | ISBN 0-00-219728-6 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Collins Bird Guide é unha guía de campo de paxaros do Occidente Paleártico.
Os seus autores son Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterström e Peter J. Grant, e está ilustrado por Killian Mullarney e Dan Zetterström (con dous debuxos de paseriformes norteamericanas proporcionados por Larry McQueen).[1] Foi descrito como "indiscutiblemente a guía de campo de maior calidade nunca producida", e "o último gran libro de paxaros do século XX".[2]
Foi publicado orixinalmente en sueco e danés en 1999,[3][4] e en inglés en tapa dura no mesmo ano, e máis tarde en tapa branda.[5] Tamén foi producida unha edición inglesa en gran formato, así como unha edición alemá e holandesa.[6] A primeira edición foi traducida a 14 linguas europeas, incluíndo español, portugués, francés, holandés e alemán. Unha segunda edición, revisada e ampliada, foi publicada en xaneiro de 2010.[7] Unha serie de actualizacións e correccións foron feitas en 2015, sen cambio no número de edición.[8]
A cuberta da primeira edición, en tódolos formatos, amosa unha curuxa común. Na segunda edición foi substituído por un carrán ártico.
Once páxinas de material introdutorio está seguido do contido principal do libro: 366 páxinas de texto e debuxos a cor. O texto para cada especie dá notas breves do estado, seguidas dunha sección detallando a identificación, e conclúe cunha sección sobre o canto. Acompañando á maioría das fichas de especies hai un pequeno mapa a cor amosando as zonas de cría, invernada e gama migradora.
A guía tamén está dispoñíbel como aplicación de pago, para dispositivos iPhone e Android.[9][10] A aplicación inclúe todo do texto e imaxes da edición impresa, así como rexistros de son.[10] Poden mercarse paquetes de datos adicionais por separado; o primeiro paquete é un conxunto de mapas de distribución para 271 especies, do Bird Atlas 2007–11 da British Trust for Ornithology.[10]
Tódalas versións cobren Europa, as illas do Atlántico Norte, gran parte do Norte de África e o Oriente Medio.
A maioría das especies cubertas na parte principal da guía teñen cría regular, invernada ou migración na súa área de cobertura, a pesar de que tamén se incluíu algunha especie accidental. Hai seccións adicionais dando información breve de (a) especies accidentais e (b) especies de crianza introducidas e especies citadas só como escapadas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mullarney, Killian; Svensson, Lars; Zetterstrom, Dan; Grant, Peter (1999). Collins Bird Guide. Collins. ISBN 0-00-219728-6.
- ↑ Golley, Mark (1999). "Book review: Collins bird guide". Birding World 12 (6): 254–5.
- ↑ Svensson, Lars; Grant, Peter; Mullarney, Killian; Zetterstrom, Dan (1999). Fågelguiden : Europas och Medelhavsområdets Fåglar i Fält. Bonnier. ISBN 978-91-34-51038-8.
- ↑ Svensson, Lars; Grant, Peter; Mullarney, Killian; Zetterstrom, Dan (1999). Fugle i felten: Feltbestemmelse af fugle i Europa og Middelhavsområdet. L&R Fakta. ISBN 87-614-0107-2.
- ↑ Svensson, Lars (1999). "The birth of a new field guide". Birding World 12 (2): 78–80.
- ↑ "ANWB Vogelgids van Europa, second edition". ANWB. p. 448. ISBN 9789018030803. Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2012. Consultado o 7 de xaneiro de 2013.
- ↑ "Collins Bird Guide, second edition". HarperCollins. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2011. Consultado o 23 de novembro de 2009.
- ↑ "Collins Bird Guide updated, but did anyone know?". www.rarebirdalert.co.uk. Consultado o 2 de febreiro de 2018.
- ↑ "Collins Bird Guide app - BirdGuides". www.birdguides.com (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018.
- ↑ 10,0 10,1 10,2 Kehoe, Chris (Febreiro 2018). "Collins Bid Guide app for Android". British Birds 111 (2): 114–116.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficialArquivado 28 de agosto de 2018 en Wayback Machine.
- Sitio web da aplicación Arquivado 30 de agosto de 2014 en Wayback Machine.