Collocalia dodgei
Collocalia dodgei Salangana de Borneo | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Collocalia dodgei Richmond, 1905 | |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
Collocalia linchi, coñecida vilgarmente como salangana de Borneo, é unha especie de ave da subclase das neornites, infraclase dos neognatos, orde dos apodiformes, familia dos apódidos e tribo dos colocaliinos,que inclúe ás salanganas,[1] unha das catro integradas no xénero Collocalia.
Endémica do monte Kinabalu de Sabah, no norte de Borneo,[2][3][4] é unha especie que, como todas as salanganas, se alimenta de insectos que apaña en voo, que se refuxia para descansar e durmir e que nidifica en covas.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita en 1905 polo ornitólogo estadounidense Charles Wallace Richmond, co nome actualmente válido, Collocalia dodgei.[2][3]
Variacións taxonómicas
[editar | editar a fonte]Algúns autores aínda considérana unha subespecie de Collocalia esculenta ou de Collocalia linchi,[3][5][6] pero en 2008 separouse desta último como especie completa C. dodgei.[7][8]
Etimoloxías
[editar | editar a fonte]Para a do xénero, véxase Collocalia.
O epíteto específico, dodgei, é en honra a H. D. Dodge, que recolleu un exemplar no monte Kinabalu en Borneo.[9][10]
Subespecies
[editar | editar a fonte]Non se recoñecen subespecies.[2]
Sinónimos
[editar | editar a fonte]- Collocalia esculenta dodgei Richmond, 1905
- Collocalia linchi dodgei Richmond, 1905
Características
[editar | editar a fonte]Duns 10 cm de lonxitude, é unha salangana coas ás relativamente curtas e co final da cola cadrada, non fendida.[11] A súa plumaxe é de cor gris brillante a negra brillante nas partes superiores, e as inferores abrancazadas. En comparación con Collocalia esculenta, que tamén se encontra en Borneo, é un pouco máis pequena, e cun brillo verdoso, máis que azulado, e coas plumas sen manchas brancas.[4]
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]Pode verse principalmente ao redor do macizo do monte Kinabalu, aínda que hai un rexistro da cordilleira Maligan do centro-sur de Sabah. Atopouse aniñando nunha cova a 2 370 m sobre o nivel do mar en Kinabalu.[4]
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]Descoñecido. Trátase dunha ave é moi rara e o taxon non o recoñece BirdLife International,[12] e, polo tanto, non se menciona na Lista vermella da UICN.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para salangana.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Ver Collocalia dodgei Richmond, 1905 na páxina Order Apodiformes na IOC World Bird List do Congreso Ornitolóxico Internacional. Versión 9.2. Consultada o 26 de outubro de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Salangana Linchi (dodgei). Collocalia dodgei Richmond, 1905 en AviBase.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Phillipps, Quentin; & Phillipps, Karen (2011). Phillipps’ Field Guide to the Birds of Borneo. Oxford, UK: John Beaufoy Publishing. ISBN 978-1-906780-56-2.
- ↑ Clements, J. F.: eBird/Clements checklist of birds of the world. Cornell Lab of Ornithology. en BioLib.
- ↑ Collocalia linchi dodgei Richmond, 1905] no ITIS.
- ↑ "Collocalia linchi". Species factsheet. BirdLife International. Arquivado dende o orixinal o 07-10-2007. Consultado o 26 de outubro de 2019.
- ↑ Moyle, R. G.; Hosner, P. A.; Nais, J.; Lakim, M. & Sheldon, F. H. (2008). "Taxonomic status of the Kinabalu ‘linchi’ swiftlet". Bulletin of the British Ornithologists' Club 128: 94–100.
- ↑ Richmond, Charles Wallace (1905). "Description of a new swiftlet from Mount Kina Balu, Borneo". Smithsonian Miscellaneous Collections 47: 431–432.
- ↑ Peters, James Lee, ed. (1940). Check-list of Birds of the World. Volume 4. Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press. p. 230.
- ↑ del Hoyo, Josep et al. 1999.
- ↑ Collocalia dodgei en BirdLife International.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- del Hoyo, Josep; Andrew Elliott, Jordi Sargatal e Nigel J. Collar (1999): Handbook of the Birds of the World, Vol. 5: Barn-Owls to Hummingbirds. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-425-2.
- del Hoyo, Josep; Nigel J. Collar, David A. Christie, Andrew Elliott e Lincoln D. C. Fishpool (2014): HBW and Birdlife International Illustrated Checklist of the Birds of the World, Volume 1 Non-Passerines. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-410-8.
- Rheindt, Frank E.; Christidis, Les; Norman, Janette A.; Eaton, James A.; Sadanandan, Keren R.; Schodde, Richard (2017). "Speciation in Indo-Pacific swiftlets (Aves: Apodidae): integrating molecular and phenotypic data for a new provisional taxonomy of the Collocalia esculenta complex". Zootaxa 4250 (5): 401–433.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Salangana Linchi (dodgei). Collocalia dodgei Richmond, 1905 en Avibase.
- Collocalia dodgei Richmond, 1905 en BioLib.