Columbus Circle (filme)
Columbus Circle | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Columbus Circle |
Director | George Gallo |
Produtor | Christopher Mallick William Sherak Jason Shuman |
Guión | George Gallo Kevin Pollak |
Intérpretes | |
Música | Brian Tyler |
Fotografía | Anastas N. Michos |
Montaxe | Malcolm Campbell |
Estudio | Oxymoron Entertainment Blue Star Pictures G4 Pictures |
Distribuidora | Universal Pictures |
Estrea | 6 de marzo de 2012 21 de agosto de 2024 (TVG) |
Duración | 82 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Suspense |
Orzamento | 10 millóns de dólares |
Na rede | |
http://www.columbuscirclemovie.com/#/home | |
Columbus Circle é un filme estadounidense de 2012 dirixido por George Gallo e coescrito por Gallo e Kevin Pollak.[1] O filme está protagonizado por Selma Blair, Giovanni Ribisi, Beau Bridges, Amy Smart, Jason Lee e Kevin Pollak. O filme distribuíuse directamente en vídeo nos Estados Unidos o 6 de marzo de 2012. O produtor Christopher Mallick foi acusado de roubar millóns de dólares a clientes da súa xa desaparecida empresa de facturación "ePassporte" para financiar a produción dos seus filmes.[2][3][4][5] Foi o derradeiro filme de Robert Guillaume antes do seu retiro en 2014 e a súa morte o 24 de outubro de 2017.
Estreouse en galego o 21 de agosto de 2024 a través da TVG.[6]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Unha rica herdeira encerrouse no seu apartamento de Columbus Circle durante case dúas décadas. Un detective que investiga a morte dun dos seus veciños e a parella que se muda ao piso baleiro obrígana a enfrontarse aos seus medos ao mundo exterior.[1]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Selma Blair como Abigail
- Giovanni Ribisi como Detective Frank Giardello
- Amy Smart como Lillian
- Jason Lee como Charlie
- Kevin Pollak como Klandermann
- Beau Bridges como Dr. Raymond Fontaine
- Jason Antoon como Detective Jerry Eaans
- Jerry Penacoli como el mesmo
- Robert Guillaume como Howard Miles
- Samm Levine como director do banco
Produción
[editar | editar a fonte]A rodaxe tivo lugar nos Ánxeles.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Nellie Andreeva (2009-07-06). "Beau Bridges joins 'Columbus Circle'". The Hollywood Reporter. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2009. Consultado o 2009-07-22.
- ↑ Sanjiv Bhattacharya (2011-03-01). "Inside Hollywoods Greatest Vanity Project". Details. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2011. Consultado o 2011-03-01.
- ↑ "AVN - 'After Porn Ends' Gets Life After Porn on iTunes". Business.avn.com. 2012-05-30. Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2016. Consultado o 2012-12-01.
- ↑ "Following the Money, ePassporte Edition — Krebs on Security". Krebsonsecurity.com. 2010-09-15. Consultado o 2013-01-12.
- ↑ "AVN - ePassporte CEO Issues Statement to Calm the Masses". Business.avn.com. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2016. Consultado o 2013-01-12.
- ↑ "Columbus Circle na TVG". DobraxeGalega. 20 de agosto de 2024. Consultado o 27 de novembro de 2024.