Saltar ao contido

Coluto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaColuto
Biografía
Nacementoséculo V Editar o valor en Wikidata
Lycopolis, Antigo Exipto (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morteséculo VI Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta Editar o valor en Wikidata
Período de actividadeséculo V Editar o valor en Wikidata - século VI Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePaulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft
Biblioteca dixital BEIC
The Nuttall Encyclopædia >>>:Colu`thus Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1719703

Coluto (en latín Coluthus, en grego Κόλουθος) foi un dos últimos poetas épicos gregos. Naceu en Licópole (Exipto). Viviu no século VI e tivo éxito baixo o goberno de Anastasio I Dícoro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Escribiu poemas laudatorios (ἐγκώμια δι᾽ ἐπῶν, encómia di epón), un poema heroico de seis libros titulado Καλυδονικά (Kalydónica) e outro titulado Περσικά (Persicá), todas obras perdidas. Das súas obras só se conserva O rapto de Helena (Ἐλένης ἁρπαγή) en 392 hexámetros, que imita con pouco éxito o estilo de Homero[1].

  1. Smith, William (1870). "Coluthus". Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology (en inglés). vol. 1. Boston: Walton and Maberly. p. 815.