Coma (medicina)
En medicina, o coma (do grego κῶμα ou κωμα, que significa soño profundo) é un estado severo de perda de conciencia, que pode resultar dunha gran variedade de condicións incluíndo as intoxicacións (drogas, alcol ou tóxicos), anomalías metabólicas (hipoglicemia, hiperglucemias, cetose), enfermidades do sistema nervioso central, ictus, traumatismo cranio-encefálico, convulsións e hipoxia. As causas metabólicas son as máis frecuentes.
O coma é xa que logo unha síndrome. Na Clasificación internacional de trastornos da saúde (CIE-10) asígnaselle a letra "R" (síntomas e diagnósticos). O coma é unha expresión dun forte trastorno das funcións cerebrais e xa que logo con perigo de morte. O desenvolvemento (prognóstico) do paciente en coma é dependente das enfermidades subxacentes e da asistencia médica.