Saltar ao contido

Comarca de Las Vegas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaComarca de Las Vegas

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 40°12′N 3°18′O / 40.2, -3.3
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade de Madrid Editar o valor en Wikidata
Creación1983 Editar o valor en Wikidata

A Comarca de Las Vegas é unha das comarcas da Comunidade de Madrid segundo a Guía de Turismo Rural e Activo, editada pola Dirección Xeral de Turismo (Consellería de Cultura e Turismo) da Comunidade de Madrid. Posúe unha extensión de 1378,13 km² e está bañada polos ríos Tajo, Tajuña e Jarama.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Contorna do Parque Rexional do Sueste, preto de Rivas-Vaciamadrid.

A comarca de Las Vegas é a máis meridional da Comunidade de Madrid, o río Tajo marca a fronteira sur da rexión administrativa coas provincias de Toledo, Cuenca e Guadalaxara (Castela-A Mancha). Os seus 23 concellos posúen unha clara influencia manchega, con arquitectura, paisaxe e costumes similares.

O relevo da comarca é levemente accidentado debido aos numerosos cursos de auga que percorren o territorio. Os seus límites xeográficos están moi delimitados polos outeiros que a bordean, terras estas de secaño que contrastan vivamente coa paisaxe verde e rico que ofrecen as veigas dos ríos.

Entre as áreas naturais destaca o Parque Rexional do Sueste. A vexetación é esteparia, adaptada ao clima seco e oscilante, con especies que resisten ben a seca estival: piñeiro carrasca, aciñeira, oliveira e xesta. Asociada aos ríos que sucan a comarca crece o bosque de ribeira onde sobresaen os olmos, os salgueiros, os álamos e os chopos.

Las Vegas posúe un clima mediterráneo continental que se caracteriza polas grandes oscilacións térmicas entre os meses de verán (longos e calorosos) e os de inverno (fríos con abundantes néboas). A media anual de precipitacións é unha das máis baixas da Comunidade de Madrid, concentradas no outono e a primavera.

Economía

[editar | editar a fonte]

As fértiles terras de Las Vegas determinaron unha marcada tradición agrícola que se mantén na actualidade. Boa proba diso é a produción de amorodos, espárragos, alcachofas, pementos ou melones, cultivos que gozan de recoñecemento máis aló dos límites autonómicos. Tamén os sectores industrial e turístico están presentes debido á proximidade á Área metropolitana de Madrid. Un dos grandes referentes do turismo do século XXI é o Parque Warner, un parque de atraccións temático situado en San Martín de la Vega.[1]

Patrimonio

[editar | editar a fonte]
Centro histórico de Chinchón.

Entre as cidades máis coñecidas e monumentais destacan Aranjuez e Chinchón, aínda que tamén existe un valioso patrimonio relixioso e civil noutros pobos da comarca.[2]

A cidade de Aranjuez está declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco desde o ano 2001 baixo a denominación de Paisaxe cultural de Aranjuez. Entre os seus monumentos máis destacados están o Palacio Real, os Xardíns Reais, a Igrexa de San Antonio e o Convento de San Pascual, que pertencen todos a Patrimonio Nacional.

Chinchón

[editar | editar a fonte]

Chinchón é Conxunto Histórico-Artístico desde 1974 e pertence á rede de Os pobos máis bonitos de España. Destaca o seu Praza Maior, de arquitectura popular medieval; a Igrexa da nosa Señora da Asunción, o Castillo dos Condes de Chinchón e o Convento de San Agustín (reconvertido en Parador Nacional de Turismo).

Outros monumentos

[editar | editar a fonte]

Las Vegas ten unha interesante arquitectura, tal e como se pode apreciar na Praza Maior de Colmenar de Oreja, típica praza porticada castelá similar á de Chinchón. Tamén é unha terra de castelos, dos cales moitos se atopan aínda en bo estado de conservación, é o caso do Castelo de Villarejo de Salvanés, ou o Castelo de Fuentidueña de Tajo. Ademais, conta con diversas actividades culturais e relixiosas de gran importancia turística, como a Embarcación de Fuentidueña de Tajo, a Paixón de Chichón ou a Representación da Batalla do Jarama.

Concellos da comarca

[editar | editar a fonte]

A comarca está formada polos seguintes concellos, coa superficie en quilómetros cadrados e a súa poboación no ano 2021:

Concello Superficie Poboación
Total comarca 1579,13 162 386
Ambite 26 662
Aranjuez 189,13 59 833
Belmonte de Tajo 23,71 1751
Brea de Tajo 44,33 523
Carabaña 47,58 2142
Chinchón 115,91 5506
Ciempozuelos 49,64 25 083
Colmenar de Oreja 114,32 8303
Estremera 79,1 1381
Fuentidueña de Tajo 60,59 2228
Morata de Tajuña 45,2 7924
Orusco de Tajuña 21,51 1291
Perales de Tajuña 48,92 3059
San Martín de la Vega 105,93 19 853
Tielmes 26,88 2781
Titulcia 9,95 1360
Valdaracete 64,31 612
Valdelaguna 42,13 1026
Valdilecha 42,48 3079
Villaconejos 32,97 3464
Villamanrique de Tajo 29,32 762
Villar del Olmo 27,62 2211
Villarejo de Salvanés 118,62 7552
  1. "La comarca de Las Vegas: la huerta de Madrid" (en castelán). 10 de abril de 2013. 
  2. "Las Vegas - Turismo de Madrid" (en castelán). 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]