Comarcas de Biscaia
Aparencia
As comarcas de Biscaia son unha división interna do territorio histórico de Biscaia, no País Vasco, pero que non constitúen unha división administrativa oficial.
Hai sete comarcas constituídas polos catro vales do baixo Nervión e Asua, Butron, Oca e Ibaizabal, as Encartaciones no extremo occidental da provincia, as cuncas dos ríos Lea e Artibai e o restante conxunto de terras en Áraba.
Comarca | Capital |
---|---|
Arratia-Nervión | Igorre |
Busturialdea-Urdaibai | Bermeo e Gernika-Lumo |
Durangaldea | Durango |
Enkarterri | Balmaseda |
Gran Bilbao | Bilbao |
Lea-Artibai | Markina-Xemein |
Uribe-Kosta | Mungia |
Áreas funcionais
[editar | editar a fonte]Prescindindo igualmente dos límites provinciais, o País Vasco está dividido nas Directrices de Ordenación do Territorio que entraron en vigor o 12 de febreiro de 1997 nas chamadas Áreas funcionais. As que se atopan dentro do territorio de Biscaia son:
- Balmaseda-Zalla
- Beasain-Zumarraga
- Bilbao Metropolitano
- Donostia-San Sebastián
- Durango
- Éibar
- Gernika-Markina
- Igorre
- Laguardia
- Laudio/Llodio
- Mondragón-Bergara
- Mungia
- Tolosa
- Álava Central
- Zarautz-Azpeitia