Saltar ao contido

Compañía Holandesa das Indias Orientais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Compañía Holandesa das Indias Orientais
Logo
Tiponegocio, companhia majestática, empresa e East India Company
Data de fundación1602
Data de disolución1799
Organización subsidiariaCompañía Holandesa das Indias Occidentais
SedeOost-Indisch Huis, Oost-Indisch Huis, Oost-Indisch Huis, Oost-Indisch Huis, Oost-Indisch Huis e Oost-Indisch Huis
PaísProvincias Unidas
editar datos en Wikidata ]
Territorios de VOC'
Moeda da Compañía Holandesa das Indias Orientais (1735).

A Compañía holandesa das Indias Orientais (Verenigde Oostindische Compagnie ou VOC en holandés) foi unha empresa con orixe nos Países Baixos. Estableceuse o 20 de marzo do 1602, cando o Estado Xeral dos Países Baixos lle concedeu un monopolio de 21 anos para realizar actividades coloniais dentro de Asia. Era a primeira corporación multinacional no mundo e era a primeira compañía que publicaba as súas ganancias. Foi unha compañía de grande importancia e volume de negocios por case dous séculos, ata que chegou á bancarrota e foi disolta en 1798. As posesións e a débeda pasaron a ser asumidas polo goberno da República Bátava.

Historia[editar | editar a fonte]

Construíuse o cuartel xeral da compañía en Batavia (a actual Iacarta) na illa de Xava. Outros postos comerciais xurdiron nas Indias Orientais Holandesas (a futura Indonesia), por exemplo nas Molucas onde a VOC terá o monopolio da noz moscada e de cravo.

Durante moito tempo, o lugar da VOC en Deshima, un illote artificial en Nagasaki, era o único lugar onde se permitía aos europeos comerciar cos xaponeses. En 1652, Jan Van Riebeeck establece un posto no Cabo de Boa Esperanza no extremo meridional de África como punto de escala para os buques de paso da VOC . Esta colonia (chamada Colonia do Cabo) estará na xénese do pobo afrikaans. Outros establecementos da VOC atópanse en Irán, en Bangladesh, en Sri Lanka, en Malaisia, en Tailandia, na China, e na India. No seu cénit en 1669, a VOC é a compañía máis rica da historia do mundo: conta con 150 buques comerciais, 50.000 empregados, un exército de 10.000 homes e unha mariña de 40 barcos de guerra. O VOC estaba baixo a xestión dos Estados Xerais dos Países Baixos.


A compañía tivo frecuentes conflitos cos británicos. Logo da cuarta guerra angloneerlandesa (1780-1784), o VOC atopábase en dificultade financeira, e en 1798 tras unha crise financeira, era disolta. No Congreso de Viena en 1815, as Indias Orientais neerlandesas corresponderon aos Países Baixos, pero a Gran Bretaña adxudicáronlle a Colonia do Cabo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]