Compartimento posterior do brazo
Aparencia
Compartimento posterior do brazo | |
---|---|
Sección axial superior do brazo | |
Latín | compartimentum brachii posterius |
Arteria | arteria umeral fonda |
Nervio(s) | nervio radial |
O compartimento posterior do brazo é rexión anatomicamente máis posterior do brazo. Tamén se lle denomina compartimento extensor debido a que acolle os músculos extensores do antebrazo. Contén o músculo tríceps braquial e o músculo ancóneo (que embrioloxicamente podería considerarse coma parte do tríceps e polo tanto constituíndo un cuadríceps braquial).
Por este compartimento discorre o nervio radial, que innerva a maioría dos músculos que se achan nesta rexión.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.