Compendio
Aparencia
Compendio[1] (do latín compendĭum) é o nome que recibe unha breve pero detallada e precisa compilación dunha área determinada do coñecemento humano. Na meirande parte dos casos a área de coñecemento refírese a un campo delimitado de interese. Ás veces pode ser un resumo dunha obra maior. Dentro da brevidade da exposición, o compendio pode conter materia complicada e extensa.
Un compendio sempre leva aparellada a idea de síntese, e pode ser sinónimo de resumo, recompilación, ou sumario. Por exemplo, un compendio de física englobará de forma sintética os coñecementos máis relevantes desta póla da ciencia. Pola súa parte, unha enciclopedia "universal" pode citarse como un compendio de todo o coñecemento humano.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para compendio.