Competencia lingüística
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2018.) |
Na gramática xenerativa (Chomsky), a competencia é o sistema de regras interiorizado polos falantes e que constitúe o seu saber lingüístico, grazas ao cal son capaces de pronunciar e comprender un número infinito de frases que nunca antes produciran ou oíran. A competencia lingüística oponse á actualización ou realización (performance, en inglés), que describe o uso da competencia en actos de fala concretos.
Segundo Chomsky, a teoría lingüística ocúpase dun falante ideal, membro dunha comunidade de fala homoxénea que coñece a súa lingua perfectamente e non padece de limitacións de memoria, distraccións, perdas de atención e interese, erros ou fallos, que aplica o seu coñecemento da lingua nunha situación concreta.
Esa competencia é a que permite distinguir as frases gramaticais das que non o son, interpretar as ambigüidades e producir frases novas. Ó par competencia/actualización correspóndese á oposición lingua/fala do estruturalismo de Saussure.
Distínguense unha competencia universal, formada por regras innatas de natureza xenética e que subxacen a todas as linguas, e unha competencia particular, formada polas regras específicas de cada lingua.