Compostellanum
Compostellanum Sección de Estudios Jacobeos ou Sección de Ciencias Eclesiásticas | |
---|---|
País | España |
Lugar | Santiago de Compostela |
Lingua | castelán, galego |
Especialidade | estudos xacobeos |
Fundación | 1956 |
Fundador | Fernando Quiroga Palacios |
Primeira edición | 1956 |
Editorial | Instituto de Estudos Xacobeos |
Circulación | |
Frecuencia | trimestral |
ISSN | 0573-2018 |
OCLC | 409932394 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Compostellanum. Sección de Estudios Jacobeos (ou Compostellanum. Sección de Ciencias Eclesiásticas) é unha revista católica en castelán, fundada polo cardeal Fernando Quiroga Palacios, publicada en Santiago de Compostela desde 1956, de periodicidade trimestral.
Descrición
[editar | editar a fonte]Único órgano do Centro de Estudos Xacobeos e do Instituto Teolóxico Compostelán. Comeza a publicarse en 1956 e publica ao ano catro volumes; dous de investigación teolóxica (Sección de Ciencias Eclesiásticas) e dous de estudos históricos (Sección de Estudios Jacobeos), preferentemente sobre o tema de Santiago na historia. Trata temas como a peregrinación cristiá, a igrexa católica, relixión ou arquitectura relixiosa. O primeiro número da revista foi publicado no primeiro trimestre de 1956, baixo a dirección do profesor Manuel Rey Martínez.
Esta revista foi fundada polo mesmo creador do Centro, o cardeal Fernando Quiroga Palacios, o cal dixo explicitamente no número 1 da publicación que «a revista quería ser un vehículo portador das inquietudes e dos traballos e investigacións dos profesores do noso seminario e doutros estudosos, sacerdotes e segrares, no que se refire ás ciencias sagradas e ás profanas, en canto con aquelas se relacionan».
Trátase dunha publicación que mantivo vivo o estudo e espírito do fenómeno xacobeo nos últimos 50 anos. Nela, publicáronse traballos de gran calado científico sobre as investigacións torno o sepulcro de Santiago. Moitos destes traballos seguen a ser referencia obrigada para os estudosos do feito Xacobeo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Compostellanum". Diccionario enciclopédico galego universal 17. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 60-61. ISBN 84-7680-429-6.
- "Compostellanum". Enciclopedia Galega Universal 6. Ir Indo. 1999-2002. p. 77. ISBN 84-7680-288-9.
- "Compostellanum". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.