Compromiso Outes
Aparencia
Compromiso Outes | |
---|---|
Partido político local | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Manuel González López |
Historia | |
Fundación | 2018 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Galeguismo Progresismo |
Representación | |
Concelleiros en Outes | 4 / 13 |
Outros datos | |
Na rede | |
http://compromisooutes.gal/ | |
Compromiso Outes é un partido político galego de ámbito local de Outes creado en 2018 que se define como galeguista e progresista e que dende 2019 encabeza o goberno municipal.
Historia
[editar | editar a fonte]Xurdiu a partir da agrupación local de Compromiso por Galicia en Outes tras decidir os seus membros desligarse de dita formación[1]. Nas eleccións municipais de 2019 logrou sela forza política máis votada de Outes con 5 concelleiros de tal maneira que o seu candidato, Manuel González López, converteuse no alcalde do municipio e encabezou un goberno en minoría. Nas eleccións municipais de 2023 logrou 4 conelleiros e conservou a alcaldía grazas a un pacto de goberno co BNG e o PSdeG.