Comuna de Gambier
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Colectividade | Polinesia Francesa | |||
División administrativa da Polinesia Francesa | Illas Tuamotu-Gambier ![]() | |||
Poboación | ||||
Poboación | 1.570 (2022) ![]() | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 31 km² ![]() | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 98755, 98792 e 98793 ![]() | |||
A comuna de Gambier (en francés, commune des Gambier) é unha unidade administrativa da Polinesia Francesa, no distrito de Tuamotu-Gambier. Mangareva, como única illa habitada ao sur das Tuamotu, é a capital de comuna das illas Gambier e dos diversos atois ao sur das Tuamotu. A poboación en 2002 era de 1.097 habitantes. A capital é Rikitea, na illa de Mangareva. A comuna consta das illas Gambier e os atois máis meridionais das Tuamotu:
Illas Gambier
[editar | editar a fonte]Son, ademais de Mangareva: Taravai, Akamaru, Aukena, Temoe, e diversos illotes.
Grupo Acteón (Groupe Actéon)
[editar | editar a fonte]O grupo Acteón está formado por catro atois: Tenararo, Vahanga, Matureivavao e Tenarunga. Tamén se lle chamou grupo Matureivavao. Foi descuberto por Pedro Fernández de Quirós, en 1606, que o describe como catro illas iguais coroadas de cocos. En diferentes relacións da viaxe sae como «as Catro Coroadas», «as Catro Irmás» ou «as Alagadas». En 1983 foron devastadas polos efectos dun ciclón.
Marutea Sur
[editar | editar a fonte]Marutea Sur é un atol de 14 km² ao sur das Tuamotu. Foi descuberto por Quirós, que a chamou «San Telmo», «San Blas» ou «Curral de Auga». Explorado en 1791 por Edward Edwards mentres buscaba aos amotinados do Bounty, chamouno Lord Hood. É visitado ocasionalmente por pescadores de perlas. Chámaselle coa orientación sur para distinguilo de Marutea Norte, tamén nas Tuamotu.
María Este
[editar | editar a fonte]O atol María tamén se chama a miúdo María Este para distinguilo do illote María nas Austrais. O nome é de orixe polinesio sen ningunha relación coa Vírxe María. Historicamente tamén se lle chamou Wright Lagoon e Moerenhout. É un atol cunha lagoa pechada e con cocos e pandanaceae.
Morane
[editar | editar a fonte]Morane é un atol formado por unha lagoa pechada e tres illotes con cocos e pandanaceae, a 110 km ao oeste de Mangareva. Tamén se lle chamou Cadmus.
Os catro atois Matureivavao, Tenararo, Tenarunga e Vahanga forman o grupo Acteón.