Saltar ao contido

Comunidade internacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A expresión comunidade internacional pode referirse a:

  • Todos os países representados na Organización das Nacións Unidas (ONU).
  • A xente do mundo.
  • Aqueles actores do sistema internacional que comparten unha ideoloxía.
  • A comunidade internacional regulada polas leis e tratados internacionais.

Usos da expresión

[editar | editar a fonte]

O termo é moi ambiguo e impreciso debido ao seu uso retórico principalmente polos Estados Unidos e Gran Bretaña para lexitimar accións unilaterais tomadas por estas nacións no eido internacional para afirmar ou impoñer a súa autoridade, ou para reclamar valores morais superiores. Para este efecto tamén é empregado como referencia ás organizacións nas cales estas nacións desempeñan un papel dominante, independentemente da opinión doutras nacións. Por exemplo, a invasión do Iraq foi descrita como unha acción da comunidade internacional aínda que esta non recibiu o apoio das principais potencias, e nun principio tampouco da ONU.

Igualmente o termo "comunidade internacional" é empregado polos países occidentais (Estados Unidos, ademais da Europa Occidental), como representantes do mundo, mediante diversos organismos igualmente internacionais como a OTAN. Á súa vez, as accións da OTAN descríbense como accións da comunidade internacional malia que os seus membros apenas representan un 10% da poboación mundial.

Nun plano académico, a Sociedade Internacional é un concepto nado da disciplina "Relacións Internacionais" como ciencia política da análise internacional, este concepto de Sociedade Internacional abrangue non só aos actores básicos da esfera internacional, Estados e Organizacións Internacionais, senón todo un elenco de suxeitos do tráfico internacional como as empresas multinacionais, as frontes de liberación, grupos terroristas... Desta forma, a aproximación á análise e estudo da realidade internacional a través desta Sociedade Internacional é defendida polos politicólogos como superación do clásico concepto de Comunidade Internacional empregado polo Dereito no que se atopan unicamente os Estados e as Organizacións Internacionais como suxeitos plenos, visión rixidamente xurídica que non adoita reflectir a heteroxeneidade das Relacións Internacionais.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

A Comunidade Internacional: documentos, artigos e prensa do mundo.