Comunistes de Catalunya
Comunistes de Catalunya | |
---|---|
Partido político de Cataluña | |
![]() | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Joan Josep Nuet (secretario) |
Historia | |
Fundación | novembro de 2014 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Comunismo, catalanismo, federalismo, soberanismo |
Representación | |
Parlamento de Cataluña | 1 / 135 |
Congreso dos Deputados | 2 / 350 |
Concelleiros | 47 / 68.286 |
Outros datos | |
Na rede | |
www.comunistes.cat | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
Comunistes de Catalunya (en galego: Comunistas de Cataluña) é un partido político de ideoloxía comunista e catalanista radicado en Cataluña. Defínese como nacional e de clase, democrático, internacionalista e solidario, laico e feminista. Fundaméntase nos principios do marxismo, o feminismo, así como outras achegas á teoría e a práctica revolucionarias. Reclámase herdeiro da traxectoria histórica do PSUC.
Forma parte de Esquerra Unida i Alternativa (EUiA). Nas eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2015, Comunistes de Catalunya apoiou a candidatura unitaria de Catalunya Sí que es pot e Joan Josep Nuet foi elixido deputado. Nas eleccións de 2015 e de 2016 ao Congreso dos Deputados, o partido apoiou a candidatura En Comú Podem, e obtivo dous deputados, Joan Mena e Félix Alonso.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Comunistes de Catalunya |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en catalán)