Conca mineira
Aparencia
Denomínase cunca mineira ou conca mineira o filón extenso ou grupo de filóns explotados por diversas minas e que constitúen unha unidade xeolóxica e xeográfica. As concas mineiras estabelécense en relación con filóns onde hai unha grande abundancia de mineral valioso, e sobre todo cunha elevada concentración, o que permite a súa explotación económica.
Dan nome a tres comarcas españolas:
- Les Cuenques Mineres ou Les Cuenques, en Asturias;
- Cuencas Mineras, en Teruel;
- Cuenca Minera, en Huelva;