Conceição Lima
(2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de decembro de 1961 (63 anos) Santana, San Tomé e Príncipe (pt) |
Educación | King's College de Londres |
Actividade | |
Ocupación | poetisa, xornalista, escritora |
Maria da Conceição de Deus Lima, nada en Santana o 8 de decembro de 1961, é unha escritora de San Tomé e Príncipe, coñecida como Conceição Lima.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou xornalismo en Portugal, e licenciouse en Estudos Afro-Portugueses e Brasileiros no King's College de Londres. Traballou na radio, televisión e na prensa escrita en San Tomé e Príncipe. En 1993 fundou o semanario independente O País Hoje, que dirixiu até a súa desaparición. Reside e traballa como xornalista e produtora dos servizos de lingua portuguesa na BBC.
Comezou a escribir sendo nena[1]. En 1979 participou en Angola na sexta Conferencia de Escritores Afro-Asiáticos. Publicou poesía en xornais, revistas, e antoloxías en varios países.[2] Está considerada unha poeta do período poscolonial.[3]
Obras
[editar | editar a fonte]- O Útero da Casa (2004)
- A Dolorosa Raiz do Micondó (2006)
- O País de Akendenguê (2011)
- Quando Florirem Salambás no Tecto do Pico (2015)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Encontro emocionado de Ivo Machado e Conceição Lima com alunos do Colégio de Amorim". Câmara Municipal da Póvoa do Varzim (en portugués). 12 de febreiro de 2009.
- ↑ Hamilton, R. G. (xaneiro de 2007). "Conceição Lima, Poet of São Tomé e Príncipe". Research in African Literatures (en inglés) (38): 194–198. ISSN 0034-5210.
- ↑ Falconi, J.; Paredes, M. (2009). "Conceição Lima e Inocência Mata, Dois Lados da Moderna Travessia Literária São-Tomense". Legado Fliporto 2008, Trilhas da Diáspora (en portugués). pp. 274–285..
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Conceição Lima". Centre for the Study of Contemporary Women's Writing. Universidade de Londres. Archived from the original on 09 de marzo de 2017. Consultado o 17 de agosto de 2019.