Concello de Teis
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | Provincia de Pontevedra | |||
Sucedido por | Lavadores | |||
Teis foi un antigo concello de Galicia que funcionou como unidade administrativa entre 1821 e 1823 e novamente entre 1936 e 1937.[1]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Comprendía a parroquia de Teis.
Historia
[editar | editar a fonte]Primeira etapa
[editar | editar a fonte]No Repartimento xeral de 1821 figuran os concellos de Vigo, Teis, Cabral, Lavadores, Bouzas e Valadares. O concello de Teis desapareceu en 1823 e pasou a Vigo. En 1849 Teis separouse de Vigo e integrouse no concello de Lavadores.
Segunda etapa
[editar | editar a fonte]O concello de Teis creouse en 1935 ao independizarse do concello de Lavadores. O proceso iniciouse en maio coa solicitude de escisión polo abandono no que se encontraba, pois sendo a parroquia que máis achegaba economicamente, as inversións que o concello de Lavadores realizaba eran escasas. O alcalde de Lavadores, veciño de Teis, deu o visto e prace para a separación, e a Deputación de Pontevedra concedeu a independencia en outubro.
O 7 de xaneiro de 1936 constituíuse a primeira corporación, foi elixido alcalde Manuel Martínez Ramos e José Martínez Covelo primeiro tenente de alcalde.[2] Esta corporación puxo en marcha a construción do mercado, a dotación de saneamento e a creación de grupos escolares. Manuel Martínez dimitiu en febreiro de 1936 e o 28 dese mes tomou posesión a Comisión xestora nomeada polo gobernador civil, que elixiu alcalde a Julio Quirós Estévez.[3] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, a principios de setembro, o gobernador civil nomeou unha comisión xestora que presidiu Honorato Fernández Míguez.[4] En febreiro de 1937 o Goberno anulou o proceso de independencia por un defecto de forma, pois a escisión non fora comunicada ao Goberno Civil.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La independencia de Teis", La Voz de Galicia, 5-12-1997, p. 34.
- ↑ El Pueblo Gallego, 9-1-1936, p. 3.
- ↑ El Pueblo Gallego, 29-2-1936, p. 3.
- ↑ El Pueblo Gallego, 3-9-1937, p. 5.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Giráldez Rivero, Xesús (2007). O antigo concello de Lavadores. Unha aproximación histórica. Pontevedra: Deputación de Pontevedra. ISBN 978-84-8457-281-1.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Antomil Pérez, Daniel (30/6/2013). "El Ayuntamiento de Teis" El Vigo oculto (en castelán).