Saltar ao contido

Concepto de Mulligan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O concepto de Mulligan é unha forma de terapia manual deseñada para restaurar ou mellorar o movemento fisiolóxico normal, que pode aplicarse de xeito seguro e eficaz en patoloxías dos sistemas musculoesquelético e nervioso.[1][2]

Definición[editar | editar a fonte]

A diferenza das técnicas de mobilización convencionais, que se empregan en condicións estáticas, a mobilización con movemento fai fincapé na mobilización da articulación durante o movemento fisiolóxico.[3] O concepto Mulligan tamén pode definirse como unha combinación de conceptos de mobilización pasiva xa coñecidas como Kaltenborn, Maitland, Cyriax, Butler e con técnicas de mobilización activa como Pilates, facilitación neuromuscular propioceptiva (FNP) e control cinético.[2]

As técnicas de Mulligan inclúen deslizamentos apofisarios naturais sostidos (SNAG'S), deslizamentos apofisarios naturais (NAG'S) e mobilizacións con movemento (MWM), e utilízanse na dor da columna vertebral ou das extremidades tanto superiores como inferiores.[4][5][6][4] Os factores máis influíntes para realizar as técnicas de Mulligan son a forma das superficies articulares, a aliñación do tecido cartilaxinoso, as fibrillas ligamentarias e capsulares, a dirección dos músculos e tendóns.[6] As técnicas de Mulligan non causan dor ao paciente, non teñen efectos secundarios e non son fisicamente intensas para os terapeutas debido ao uso de cintos e movementos voluntarios por parte dos pacientes.[7]

Mobilización con movemento[editar | editar a fonte]

A mobilización con movemento pertence á clase de técnicas de terapia manual amplamente utilizadas no tratamento da dor musculoesquelética.[8] A mobilización articular pasiva aplícase ó mesmo tempo que o paciente efectúa o movemento de provocación. Ademais, a mobilización con movemento tamén pode autoaplicarse, implicando así ao paciente na recuperación.[1][9] A principal indicación para realizar a técnica de mobilización con movemento é a alteración do movemento por dor e/ou rixidez, e o obxectivo principal é corrixir a alteración biomecánica da articulación pretendida.[10][6] Así, as mobilizacións con movemento perfílanse para aumentar a mobilidade funcional e diminuír a dor.[1] A estimulación mecánica facilitada pola mobilización con movemento pode activar o sistema descendente inhibitorio da dor do sistema nervioso central (SNC) causando hipoalxesia.[11]

Efectos da mobilización con movemento[editar | editar a fonte]

Cervical[editar | editar a fonte]

A mobilización con movemento de Mulligan presenta resultados positivos na dor de pescozo, na dor cervical subaguda e crónica inespecífica, na dor cervical mecánica, e a radiculopatía cervical.[12][13][14][15]

Ombreiro[editar | editar a fonte]

En pacientes que sofren dor de ombreiro, esta técnica de mobilización con movemento, demostrou mellorar a amplitude de movemento, a dor e a discapacidade.[16]

Cóbado[editar | editar a fonte]

A mobilización con movemento, aplicada en pacientes con epicondilalxia, asóciase cunha mellora do estado funcional, unha diminución da nivel de dor e un aumento da forza de prensión sen dor.[2][3][2]

Lumbar[editar | editar a fonte]

En individuos con dor lumbar, a mobilización con movemento de Mulligan demostrou efectos positivos sobre a dor, a amplitude de movemento, e a actividade muscular.[17][18] A redución da dor en repouso e durante a flexión activa do tronco, aumenta o rango de movemento do tronco, mellora a capacidade funcional e reduce a kinesiofobia.[10]

Xeonllo[editar | editar a fonte]

As técnicas Mulligan demostraron efectos positivos a curto prazo sobre a dor e a mobilidade do xeonllo en participantes con osteoartritis de xeonllo.[19]Ademais, a técnica de mobilización con movemento demostrou ser eficaz para reducir a dor en repouso e mellorar a flexibilidade do músculo isquiotibial a curto prazo en pacientes con dor patelofemoral.[20]

Nocello[editar | editar a fonte]

A mobilización con movemento é unha ferramenta terapéutica útil que acada bos resultados a curto e longo prazo no rango de movemento da flexión dorsal, o control postural dinámico e a inestabilidade autoinformada en pacientes con inestabilidade crónica do nocello.[21]

Sistema nervioso autónomo[editar | editar a fonte]

A mobilización con movemento para a epicondilalxia crónica é capaz de producir efectos hipoalxésicos durante e despois da súa aplicación, así como de alterar a función do sistema nervioso simpático (SNS).[22] Tamén, a técnica de mobilización vertebral con movemento do membro inferior produce unha resposta simpatoexcitatoria significativa, a través dun aumento da conductancia cutánea.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Sanchez, Belinda J.; Baker, Russell T. (2017-12). "Conservative Management of Possible Meniscal Derangement Using the Mulligan Concept: A Case Report" (en inglés) 16 (4): 308–315. PMC 5731845. PMID 29276463. doi:10.1016/j.jcm.2017.08.005. Consultado o 2023-01-29. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Reyhan, Aycan Cakmak; Sindel, Dilsad; Dereli, Elif Elcin (2020-01-13). "The effects of Mulligan’s mobilization with movement technique in patients with lateral epicondylitis" 33 (1): 99–107. doi:10.3233/BMR-181135. Consultado o 2023-01-29. 
  3. 3,0 3,1 Aqeel Ahmed; Muhammad Ibrar; Aatik Arsh; Sonia Wali; Shoukat Hayat; Summar Abass (2020-10-15). "Comparing the effectiveness of mulligan mobilization versus cyriax approach in the management of patients with subacute lateral epicondylitis": 1–11. ISSN 0030-9982. doi:10.47391/jpma.399. Consultado o 2023-01-29. 
  4. 4,0 4,1 Nam, Chan-Woo; Park, Sang-In; Yong, Min-Sik; Kim, Young-Min (2013). "Effects of the MWM Technique Accompanied by Trunk Stabilization Exercises on Pain and Physical Dysfunctions Caused by Degenerative Osteoarthritis" (en inglés) 25 (9): 1137–1140. ISSN 0915-5287. PMC 3818775. PMID 24259931. doi:10.1589/jpts.25.1137. Consultado o 2023-01-29. 
  5. 5,0 5,1 Tsirakis, Vasilis; Perry, Jo (2015-02). "The effects of a modified spinal mobilisation with leg movement (SMWLM) technique on sympathetic outflow to the lower limbs" (en inglés) 20 (1): 103–108. doi:10.1016/j.math.2014.07.002. Consultado o 2023-01-29. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Menek, Burak; Tarakci, Devrim; Algun, Z. Candan (2019-01-24). "The effect of Mulligan mobilization on pain and life quality of patients with Rotator cuff syndrome: A randomized controlled trial" 32 (1): 171–178. doi:10.3233/BMR-181230. Consultado o 2023-01-29. 
  7. Nam, Chan-Woo; Park, Sang-In; Yong, Min-Sik; Kim, Young-Min (2013). "Effects of the MWM Technique Accompanied by Trunk Stabilization Exercises on Pain and Physical Dysfunctions Caused by Degenerative Osteoarthritis" (en inglés) 25 (9): 1137–1140. ISSN 0915-5287. PMC 3818775. PMID 24259931. doi:10.1589/jpts.25.1137. Consultado o 2023-01-30. 
  8. Teys, Pamela; Bisset, Leanne; Vicenzino, Bill (2008-02). "The initial effects of a Mulligan's mobilization with movement technique on range of movement and pressure pain threshold in pain-limited shoulders" (en inglés) 13 (1): 37–42. doi:10.1016/j.math.2006.07.011. Consultado o 2023-01-29. 
  9. Reid, Susan A; Andersen, Josef M; Vicenzino, Bill (2020-04). "Adding mobilisation with movement to exercise and advice hastens the improvement in range, pain and function after non-operative cast immobilisation for distal radius fracture: a multicentre, randomised trial" (en inglés) 66 (2): 105–112. doi:10.1016/j.jphys.2020.03.010. Consultado o 2023-01-29. 
  10. 10,0 10,1 Hidalgo, Benjamin; Pitance, Laurent; Hall, Toby; Detrembleur, Christine; Nielens, Henri (2015-07). "Short-Term Effects of Mulligan Mobilization With Movement on Pain, Disability, and Kinematic Spinal Movements in Patients With Nonspecific Low Back Pain: A Randomized Placebo-Controlled Trial" (en inglés) 38 (6): 365–374. doi:10.1016/j.jmpt.2015.06.013. Consultado o 2023-01-29. 
  11. Satpute, Kiran H.; Bhandari, Prashant; Hall, Toby (2015-06). "Efficacy of Hand Behind Back Mobilization With Movement for Acute Shoulder Pain and Movement Impairment: A Randomized Controlled Trial" (en inglés) 38 (5): 324–334. doi:10.1016/j.jmpt.2015.04.003. Consultado o 2023-01-29. 
  12. Buyukturan, Oznur; Buyukturan, Buket; Sas, Senem; Karartı, Caner; Ceylan, İsmail (2018). "The Effect of Mulligan Mobilization Technique in Older Adults with Neck Pain: A Randomized Controlled, Double-Blind Study" (en inglés) 2018: 1–7. ISSN 1203-6765. PMC 5976899. PMID 29861800. doi:10.1155/2018/2856375. Consultado o 2023-01-29. 
  13. Alansari, Samar M.; Youssef, Enas F.; Shanb, Alsayed A. (2021-01). "Efficacy of manual therapy on psychological status and pain in patients with neck pain: A randomized clinical trial" (en inglés) 42 (1): 82–90. ISSN 0379-5284. PMC 7989325. PMID 33399175. doi:10.15537/smj.2021.1.25589. Consultado o 2023-01-29. 
  14. Ganesh, G. Shankar; Mohanty, Patitapaban; Pattnaik, Monalisa; Mishra, Chittaranjan (2015-02-17). "Effectiveness of mobilization therapy and exercises in mechanical neck pain" (en inglés) 31 (2): 99–106. ISSN 0959-3985. doi:10.3109/09593985.2014.963904. Consultado o 2023-01-29. 
  15. Shafique, Sadaf; Ahmad, Shakeel; Rehman, Syed (2019). "Effect of Mulligan spinal mobilization with arm movement along with neurodynamics and manual traction in cervical radiculopathy patients: A randomized controlled trial" (0): 1. ISSN 0030-9982. doi:10.5455/JPMA.297956. Consultado o 2023-01-29. 
  16. Satpute, Kiran H.; Bhandari, Prashant; Hall, Toby (2015-06). "Efficacy of Hand Behind Back Mobilization With Movement for Acute Shoulder Pain and Movement Impairment: A Randomized Controlled Trial" (en inglés) 38 (5): 324–334. doi:10.1016/j.jmpt.2015.04.003. Consultado o 2023-01-30. 
  17. Ali, Md. Nasir; Sethi, Kritika; Noohu, Majumi M. (2019-10). "Comparison of two mobilization techniques in management of chronic non-specific low back pain" (en inglés) 23 (4): 918–923. doi:10.1016/j.jbmt.2019.02.020. Consultado o 2023-01-29. 
  18. Assistant Professor, Orthopaedic Manual Therapy, KLE University, Institute of Physiotherapy, Belgaum, Karnataka , India.; Heggannavar, Anand; Kale, Ankita; Postgraduate Student, Orthopaedic Manual Therapy, KLE University, Institute of Physiotherapy, Belgaum, Karnataka , India. (2015-06-11). "IMMEDIATE EFFECT OF MODIFIED LUMBAR SNAGS IN NON-SPECIFIC CHRONIC LOW BACK PATIENTS: A PILOT STUDY" 3 (3): 1018–1023. doi:10.16965/ijpr.2015.126. Consultado o 2023-01-29. 
  19. Bhagat, Madhura; Neelapala, Y.V. Raghava; Gangavelli, Ranganath (2020-01). "Immediate effects of Mulligan's techniques on pain and functional mobility in individuals with knee osteoarthritis: A randomized control trial" (en inglés) 25 (1). ISSN 1358-2267. doi:10.1002/pri.1812. Consultado o 2023-01-30. 
  20. Demirci, Serdar; Kinikli, Gizem Irem; Callaghan, Michael J.; Tunay, Volga Bayrakci (2017-12). "Comparison of short-term effects of mobilization with movement and Kinesiotaping on pain, function and balance in patellofemoral pain" (en inglés) 51 (6): 442–447. PMC 6197466. PMID 29054803. doi:10.1016/j.aott.2017.09.005. Consultado o 2023-01-30. 
  21. Cruz-Díaz, David; Lomas Vega, Rafael; Osuna-Pérez, Maria Catalina; Hita-Contreras, Fidel; Martínez-Amat, Antonio (2015-03-27). "Effects of joint mobilization on chronic ankle instability: a randomized controlled trial" (en inglés) 37 (7): 601–610. ISSN 0963-8288. doi:10.3109/09638288.2014.935877. Consultado o 2023-01-30. 
  22. Paungmali, Aatit; O'Leary, Shaun; Souvlis, Tina; Vicenzino, Bill (2003-04-01). "Hypoalgesic and Sympathoexcitatory Effects of Mobilization With Movement for Lateral Epicondylalgia" 83 (4): 374–383. ISSN 0031-9023. doi:10.1093/ptj/83.4.374. Consultado o 2023-01-29.