Saltar ao contido

Conclusión (lóxica)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha conclusión é unha proposición ao final dun argumento, despois das premisas.[1] Se o argumento é válido, as premisas implican a conclusión. No entanto, para que unha proposición sexa unha conclusión non é necesario que o argumento sexa válido: o único relevante é o seu lugar no argumento, non o seu "papel" ou función. [2]

Como en xeral argumentamos coa intención de estabelecer unha conclusión, adoitamos asegurarnos de que as premisas implican a conclusión e que son verdadeiras (é dicir, que o argumento é correcto ou convincente).[2]

A. Todos os mamíferos son de sangue quente.
B. Todos os humanos somos mamíferos.
C. Polo tanto, todos os humanos son de sangue quente.

Neste argumento a última proposición é a conclusión. O resto son as premisas.

Na linguaxe natural, as conclusións adoitan anunciarse mediante expresións como "dedúcese", "polo tanto", "logo", "daquela", "en consecuencia", "entón", "ergo", etc. Nas linguaxes formais, os símbolos usados para a conclusión serían: , e

Para o exemplo anterior teríamos

A, B C.

A diferenza coa implicación (), está en que a implicación é unha conectiva lóxica mentres que a conclusíón é un símbolo para unha forma de expresar en linguaxe natural o final dunha dedución.

Entre a carraca () e a dupla carraca () tamén hai unha leve diferenza, a primeira úsase nas probas e a segunda úsase con valoracións.

O símbolo de conclusión é máis usado en deducións matemáticas.

  1. Véase la sección §1.1 en Gamut, L. T. F. (2006). Introducción a la lógica. Buenos Aires: Eudeba. 
  2. 2,0 2,1 Audi, Robert (ed.). "argumento". The Cambridge Dictionary of Philosophy (2nd Edition ed.). Cambridge University Press. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]