Condado de Niza
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Niza | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 250 (1751) (0,06 hab./km²) | ||||
Lingua usada | lingua italiana Lingua lígur | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 4.000 km² | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 28 de setembro de 1388 | ||||
Disolución | 10 de novembro de 1818 | ||||
Sucedido por | Alpes-Maritimes (en) | ||||
O Condado de Niza (nizardo: Countea de Nissa) era unha división administrativa do Ducado de Savoia creado en 1388 en terra lígur e que desapareceu coa anexión a Francia en 1860. O condado de Niza está situado na rexión xeográfica italiana e tiña ao oeste, como fronteira natural con Francia, o río Var.
Ao longo do tempo, as súas fronteiras non evolucionaron. Corresponde na actualidade ao distrito de Niza, no departamento dos Alpes Marítimos, en Francia e pertence a unha rexión cultural moi viva, que recibe o nome de "País nizardo" (Païs Nissart en nizardo ou Pays Niçois en francés). En case cinco séculos de existencia, o condado de Niza mesturouse coa historia Italia. Un país nizardo cuxa coherencia está asegurada pola cidade de Niza, capital rexional e que se caracteriza por unha profunda identidade.
Historia
[editar | editar a fonte]Na época romana, a provincia dos Alpes Marítimos —que corresponderá máis adiante ao condado de Niza— foi creada ao oeste da Regio IX Liguria (no noroeste da Italia romana) como punto de separación entre Italia e as provincias da Galia.[1]
Savoia adquire Niza
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Ducado de Savoia e Reino de Sardeña.
No 1380, a condesa Xoana I de Nápoles, que non tiña fillos propios, adoptou a Luis de Anjou, irmán do rei de Francia Carlos V. O curmán de Luís, o duque Carlos de Durazzo, dirixe entón a Unión de Aix e asasina a Xoana, empezando unha guerra de sucesión que rematará coa vitoria dos partidarios da Casa de Anjou. Tomando vantaxe dos problemas, o conde de Savoia, Amadeo VII o Vermello, quen desexaba ter acceso ao mar, negociou con Jean Grimaldi de Bueil (Casa de Grimaldi). Este último, o barón Beuil, gobernador de Niza e senescal, non quería a soberanía de Francia (nos condados de Provenza), situada na beira ao oeste do río Var e do Esteron.
En 1561, Manuel Filiberto de Savoia, suprimiu a utilización do latín como lingua administrativa e —do mesmo xeito que nos demais Estados italianos preunitarios— estableceu o idioma italiano como lingua oficial nos asuntos gobernamentais no condado de Niza; aínda que a poboación seguía utilizando, coloquialmente e a nivel informal ou non escrito, sempre a fala local: unha variante do idioma lígur nas zonas máis orientais do condado e unha variante de transición entre o lígur e o provenzal — tamén coñecida como nizardo- nas zonas máis occidentais.[2]
Foi ocupado por Francia en 1792. Ata que foi devolto ao Reino de Sardeña polo Tratado de París (1814).
No 1860 Francia invade e anexiona o condado de Niza. Giuseppe Garibaldi, líder da reunificación italiana e nacido en Niza, oporase a iso firmemente e numerosas rebelións para a unificación con Italia serán duramente reprimidas polo exército francés entre o 1860 e o 1870. Francia organizará un referendo falsificado para xustificar a súa anexión en abril do 1860. O referendo estará en lingua francesa incomprendida pola poboación nizarda e controlado polo exército francés. Haberá unha taxa enorme de abstención.
No 1947 polo Tratado de París as cidades italianas da Brigue e Tende pasaron a Francia, quedando en Italia Briga Alta. Únicas poboacións do condado de Niza que se incluíron no Reino de Italia.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Amicucci, Ermanno. Nizza e l'Italia. Mondadori Editore. Milán, 1939.
- Barelli Hervé, e Roger Rocca. Histoire de l'identité niçoise, Nice: Serre, 1995. ISBN 2-86410-223-4
- "County of Nice (Traditional province, France)". flagspot.net. (flag/history).
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Danzas e músicas tradicionais utilizadas no condado de Niza (en inglés, francés e occitano).