Consello de Cooperación Bibliotecaria
Consello de Cooperación Bibliotecaria | |
---|---|
Tipo | órgano administrativo, cooperación biblitecaria e administración pública |
Campo de traballo | cooperación biblitecaria |
Data de fundación | 30 de novembro de 2007 |
País | España |
Na rede | |
https://www.ccbiblio.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Consello de Cooperación Bibliotecaria é un órgano de coordinación a nivel estatal español no que participan as Comunidades Autónomas, tendo en conta todos os distintos tipos de bibliotecas, estando coordinadas polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
Creación
[editar | editar a fonte]O Consello Cooperación Bibliotecaria de España foi creado pola Lei 10/2007, de 22 de xuño, da lectura, do libro e das bibliotecas.[1] publicada no BOE núm. 150, do día 23 de xuño de 2007.
Documentos importantes do Consello
[editar | editar a fonte]Entre os varios documentos que o Consello de Cooperación Bibliotecaria deu a coñecer recentemente, como froito do traballo de grupos e comisións nos últimos anos, pódense destacar estes dous:
- O valor económico e social dos servizos de información: bibliotecas.[2]
- Prospectiva 2020: as dez áreas que máis van cambiar nas nosas bibliotecas nos próximos anos.[3]
En Galicia
[editar | editar a fonte]Pola súa parte, Galicia conta coa Lei 5/2012, do 15 de xuño, de bibliotecas de Galicia,[4] publicada no DOG Núm. 122, do día 27 de xuño de 2012. O 17 de marzo de 2013 constituíuse o Consello de Cooperación Bibliotecaria de Galicia, contemplado na dita lei.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Blog Bibliotecas escolares de Galicia. Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, educación e ordenación universitaria.