Consello de Estudantes Universitarios do Estado
Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Consello de Estudantes Universitarios do Estado | |
---|---|
Tipo | organización |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Consejo de Estudiantes Universitarios del Estado ou CEUNE é un órgano dependente do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte de España e co que se relaciona a través da Secretaría General de Universidades. Foi creado en desenvolvemento do Estatuto do Estudante Universitario, do ano 2010[1]:
La creación del CEUNE se establece en el Estatuto del Estudiante Universitario, aprobado por el Gobierno el 30 de diciembre de 2010. En este documento se estipula que “el Consejo está formado por 3 representantes del Ministerio de Educación, 5 expertos designados por el ministro de Educación y 78 representantes de los estudiantes, pudiendo ser en el futuro hasta 101 cuando se complete”.
Está composto por un representante do alumnado no Consello de Goberno de cada unha das Universidades do Estado, incluíndo tamén as privadas, e está presidido polo propio Ministro de Educación Íñigo Méndez de Vigo.
O seu carácter é totalmente consultivo sen ningunha capacidade real de influír nas políticas educativas do Estado, tendo so unha función de ratificación do xa aprobado polo Goberno. Isto fíxose patente máis que nunca cando ante os recortes en Ensino que protagonizou o goberno do Partido Popular no ano 2012 este órgano limitouse a asentir, porén houbo continuos problemas e desplantes nas reunións por parte daqueles representantes non conformes con esta farsa[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2016. Consultado o 04 de abril de 2016.
- ↑ O representante da USC no Consello de Estudantes abandona o pleno en protesta polas políticas de Wert