Conservatorio Profesional de Música da Coruña
Aparencia
O Conservatorio Profesional de Música da Coruña (CMUS) é un centro dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia con moitos anos de tradición, que imparte os graos Elemental e Profesional, e conta na actualidade aproximadamente cuns 700 alumnos.
Está situado na Praza do Conservatorio.
Equipo directivo
[editar | editar a fonte]Na actualidade (2021) o conservatorio está rexido polo seguinte equipo directivo:[1]
- Jesús López Prado, Director
- Antonio Facal Rivas, Vicedirector
- Uxía Vilar Pazos, Xefa de estudos
- Lluis Domínguez Domínguez, Secretario
- Antonio Facal Rivas, Coordinador do grao elemental
Departamentos
[editar | editar a fonte]O conservatorio conta cos seguintes departamentos:[2]
- Departamento de Canto
- Departamento de Conxunto
- Departamento de Corda
- Departamento de Corda Pulsada
- Departamento de Fundamentos de Composición
- Departamento de Instrumentos Antigos
- Departamento de Linguaxe Musical
- Departamento de Percusión
- Departamento de Pianistas Acompañantes
- Departamento de Tecla
- Departamento de Vento-Madeira
- Departamento de Vento-Metal
Agrupacións
[editar | editar a fonte]No conservatorio funcionan as seguintes agrupacións:[3]
- Orquestra Sinfónica
- Banda Sinfónica
- Orquestra Xuvenil
- Banda Xuvenil
- Orquestra de Cámara de Grao Elemental
- Orquestra Infantil
- Coro
- Ensemble de Guitarras e Arpas
- Grupo de Percusión Attacca