Conserveras La Coca
Aparencia
Conservas La Coca, S.L. | |
---|---|
Tipo | Sociedade Limitada |
Fundación | 1961 |
Localización | Avenida de Mendiño, 38 Redondela 36800 Pontevedra Galicia |
Persoas clave | Xosé Rodríguez Cabaleiro (xerente) |
Industria | alimentación |
Produtos | Peixe e marisco en conserva |
Número de empregados | 41 |
Na rede | |
https://www.rodriguezpascual.es/web/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Conservas La Coca é unha empresa conserveira galega con sede en Redondela. Foi fundada no ano 1961 por José Rodríguez Lago.[1] Após o seu pasamento en 1979, a dirección da empresa ficou en poder dos seus fillos. O seu principal nicho de comercio é a exportación exterior.
Descrición
[editar | editar a fonte]A súa sede atópase no fondo da ría de Vigo, na enseada de San Simón (Redondela). Entre as súas instalacións atópanse unha plante de procesado de peixes e mariscos, unha planta de embalaxe e un edificio de oficinas.
Entre os produtos que comercializa, destacan as conservas de atún, sardiñas, cefalópodos, ameixas, navallas, zamburiñas e ovos de ourizo de mar.
En 2002 os beneficios de facturación achegáronse aos 3 millóns de euros.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Organigrama de Conservas La Coca Empresa Arquivado 23 de setembro de 2015 en Wayback Machine..
- ↑ Diagnóstico Socioeconómico de Redondela. Capítulo 8: Economía e sectores económicos. Unidade de Promoción e Desenvolvemento. Mancomunidade de Vigo.