Constante Fontán Illas
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de setembro de 1833 ![]() Ponteareas, España ![]() |
Morte | 13 de decembro de 1901 ![]() Paysandú, Uruguai ![]() |
Actividade | |
Ocupación | mestre, escritor ![]() |
Constante Generoso Fontán Illas, nado en Ponteareas o 19 de setembro de 1833[1] e finado en Paysandú (Uruguai) o 13 de decembro de 1901,[2] foi un mestre e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi mestre en Vigo. En 1853 embarcou para o Uruguai con vinte anos. Dedicouse en principio ao comercio, pero despois volveu exercer como mestre, primeiro no Colexio de Humanidades de Salto Oriental, e en 1857 pasou a dirixir o Colexio Nacional de Concordia. En 1863 fundou en Paysandú un colexio de ensinanza primaria e secundaria.
Obras
[editar | editar a fonte]- Propiedad y Tesoro de la República Oriental del Uruguay desde 1876 a 1881 inclusives.
- La República del Uruguay y España. Estudio estadístico para La Exposición Internacional de Barcelona en 1888, 1888.
- Proezas historicas o Cabeza del proceso de responsabilidades contra el gobierno y demás poderes públicos de la República O. del Uruguay desde el ano 1882 al 1891 inclusives, 1891.
- El coronel Carámbula y el cuerpo de un gran invento, 1893.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Genealogía familiar. Constante Generoso Fontán Illas.
- ↑ "D. Constante G. Fontán é Illas" en El Eco de Galicia, 366, 20-12-1901, p. 4-5.