Constantino Candeira González
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1851 Celeiros, España |
Morte | 15 de xaneiro de 1933 (81/82 anos) A Guarda, España |
Alcalde da Guarda | |
febreiro de 1930 – 21 de marzo de 1930 (dimisión) ← Manuel Lomba Peña | |
Actividade | |
Ocupación | empresario |
Familia | |
Fillos | Constantino Candeira Pérez |
Constantino Candeira González, nado en Celeiros (Ponteareas) en 1851 e finado na Guarda o 15 de xaneiro de 1933, foi un empresario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi fundador da fábrica-serradoiro Candeira Hnos na Pasaxe (Camposancos, A Guarda) en 1883, con estaleiro na Pasaxe, fábricas-serradoiros en Vigo, Ponteareas e Salvaterra de Miño. Creou en 1927 o Consorcio de Serrerías del Miño S.A. na Pasaxe con sede central en Vigo.
Foi deputado a Cortes na Primeira República Española e delegado por Pontevedra na Xunta Revolucionaria de 1873, vogal e vicepresidente da Sociedad Pro-Monte de Santa Tecla de 1917 a 1925, e vogal de 1912 a 1917. Foi nomeado concelleiro da Guarda como integrante da listaxe de maiores contribuíntes en febreiro de 1930 e nomeado alcalde polo gobernador civil. Renunciou ao cargo o 21 de marzo "por no estar de acuerdo con las directrices emanadas desde el Gobierno Civil que chocaban con su personal filiación republicana".
Predecesor: Manuel Lomba Peña |
Alcalde da Guarda 1930 |
Sucesor: José María Álvarez |
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Fillo de Manuel Antonio Candeira Ledo e Rosa Antonia González Sotelo, foi irmán de Generosa e Matías Candeira González. Casou con Consuelo Pérez López e foi pai de Consuelo, Constantino, Carmen, Candelaria, Celso, Celia, Concha e Carlos Candeira Pérez.