Saltar ao contido

Constantino Gómez Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaConstantino Gómez Rodríguez
Biografía
Nacemento15 de decembro de 1911 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morte17 de abril de 1937 Editar o valor en Wikidata (25 anos)
Monte Porreiro, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 334

Constantino Gómez Rodríguez, nado en Pontevedra o 15 de decembro de 1911[1] e finado en Monte Porreiro o 17 de abril de 1937, foi un mestre e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mestre nacional de Setecoros (Valga) e veciño de Pontevedra. Afiliado ás Juventudes Socialistas. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte do grupo de persoas armadas que estiveron no goberno civil de Pontevedra. Logo foi detido. Xulgado polo delito de rebelión en consello de guerra con Manuel Buján, José Acuña, Víctor Moldes, Claudio Magdalena e Albino Sánchez o 16 e 17 de febreiro de 1937, foi condenado a morte. Foi executado as sete da mañá do 17 de abril, no km 1 da Avenida do Uruguai.

  1. El Magisterio Español, 10-7-1934, p. 22.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]