Constantino Lobo Montero
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de xuño de 1900 Mugardos, España |
Morte | 1 de decembro de 1993 (93 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | militar |
Membro de | |
Premios | |
Constantino Lobo Montero, nado en Mugardos o 18 de xuño de 1900 e finado en Madrid o 1 de decembro de 1993, foi un militar galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Jenaro Lobo, maquinista naval de Valencia, e Francisca Montero, veciña de Mugardos. Ingresou na Academia de Artillería de Segovia e cando se graduou como oficial participou na campaña de Marrocos. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba destinado en Ferrol, uniuse á sublevación e combateu na guerra como comandante de Artillaría. Ao rematar foi avogado de varios republicanos nos consellos de guerra de Ferrol. Ascendeu a xeneral de Artillaría e foi nomeado Secretario Xeral Técnico do Ministerio de Industria e Comercio, e despois conselleiro do Instituto Social da Mariña e do Instituto Nacional de Previsión. En 1953 creou a sociedade mutua e asistencial Asepeyo. Ascendido a tenente coronel en 1953, foi destinado á Casa Militar do Xeneral Franco, e o ano seguinte ao Rexemento e Parque de Artillaría de Ferrol. Foi nomeado Gobernador Militar de Ferrol en 1958. Tenente xeneral honorario e expresidente da Agrupación de Alféreces Provisionais. Tivo grande amizade con José Antonio Girón de Velasco. Foi presidente do Centro Galego de Madrid de 1952 a 1972 e membro correspondente da Real Academia Galega.[1]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Gran Cruz da Orde do Mérito Civil.
- Gran Cruz da Orde de Cisneros.
- Gran Cruz do Mérito Militar con distintivo branco.
- Fillo adoptivo de Ferrol
- Fillo predilecto da provincia da Coruña.
- Unha rúa de Ferrol levou o seu nome.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en 1944 con Humbelina Franco González-Llanos e foi pai de Constantino, María del Carmen, Mercedes e María de los Ángeles Lobo Franco.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Voz de Galicia, 2-12-1993, p. 23.