Constantino Suárez Fernández
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de setembro de 1890 ![]() Avilés, España ![]() |
Morte | 4 de marzo de 1941 ![]() Madrid, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor, xornalista ![]() |
Pseudónimo literario | Españolito ![]() |
Premios | |
Sitio web | españolito.es ![]() |
![]() |
Constantino Suárez Fernández, coñecido co pseudónimo de Españolito, nado en Avilés o 10 de setembro de 1890 e finado en Madrid o 4 de marzo de 1941, foi un escritor e xornalista asturiano.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Avilés, fillo de Constantino Suárez Graíño e Visitación Fernández Graíño. Estudou o bacharelato en Oviedo e Xixón ata 1906, cando emigrou a Cuba. Despois de realizar diferentes traballos fundou unha librería e comezou a enviar crónicas e contos a xornais asturianos. Estes traballos foron publicados no Diario de Avilés e máis tarde comezou a colaborar con periódicos de Cuba como Diario Español, Diario de la Marina (ambos da Habana), La Correspondencia (Cienfuegos), Voz Astur (revista da Habana), El Faro del Emigrante e El Emigrante.
En 1921 regresou a España instalándose en Madrid pero mantivo a súa relación con Cuba enviando columnas aos periódicos cubanos. Colaborou nos periódicos madrileños Heraldo de Madrid, La Esfera, Nuevo Mundo, Por Esos Mundos e España y América. En 1923 en recoñecemento ao seu traballo outorgáronlle a Medalla ó mérito naval.
O 2 de xuño de 1924 casou en Avilés con Dolores Suárez, nesta época colaborou cos periódicos asturianos El Noroeste, La Prensa, Región e La Voz de Avilés.
En 1930 comezou a relacionarse con sectores republicanos. En 1931 foi nomeado interventor no Padroado de Misións Pedagóxicas, baixo a dirección de Luis Álvarez Santullano.[2] Ao comezar a Guerra Civil foi agregado ao departamento de propaganda.
O 4 de marzo de 1941 faleceu en Madrid, sendo trasladado o seu corpo en 1952 ao panteón do Cemiterio Municipal de La Carriona de Avilés.
Obras
[editar | editar a fonte]
- Los flacos de la soberbia.
- ¡Emigrantes...! (1915)
- Oros son triunfos (1917)
- Doña Capricho (1919)
- Ideas (1919) recompilatorio das súas columnas.
- Vocabulario cubano (1919)
- Galicia calumniada (1923)
- La verdad desnuda (1924)
- Isabelina (1924)
- Sin testigos y a oscuras (1925)
- Rafael, o la alegría de ser español (1926), ilustrado por Máximo Ramos
- El hijo de trapo (1926)
- Una sombra de mujer (1927)
- E. Sánchez Calvo. Apuntaciones biográficas (1928)
- Cuentistas asturianos (1930)
- Un hombre de nuestro tiempo (1931)
- Flórez Estrada. El Hombre, el pensador, las obras. Edición preparada por Rafael Anes Álvarez (1992)
- Escritores y artistas asturianos (7 volumes, 1936-1959), a súa obra fundamental que ofrece unha completa referencia bio-bibliográfica da literatura de Asturias.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gracia, Ignacio (5 de julio de 2004). "Entrevistas en la historia". Consultado o 21 de abril de 2017.
- ↑ "Constantito Suárez". ficha en residencia.csic.es. Consultado o 21 de abril de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Constantino Suárez Fernández ![]() |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán). Bibliófilos Gallegos.