Costanza, duquesa de Lancaster
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2013.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1354 Castrojeriz, España |
Morte | 24 de marzo de 1394 (39/40 anos) Castelo de Leicester, Reino Unido |
Lugar de sepultura | Church of the Annunciation of Our Lady of the Newarke (en) |
Pretendente á Coroa de Castela | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | política |
Outro | |
Título | Infanta de Castela Duquesa Princesa |
Familia | Anscáridas |
Cónxuxe | Xoán de Gante (1371 (Gregoriano)–) |
Fillos | Catarina de Lancaster, John Plantagenet |
Pais | Pedro I de Castela e María de Padilla |
Irmáns | Isabel de Castela, Duquesa de Iorque Sancho de Castilla Xoán de Castela Diego de Castilla |
Costanza de Lancaster[1] ou Costanza de Castela[1], nada en 1354 en Castrojeriz e finada o 24 de marzo de 1394 no castelo de Lancaster, foi unha nobre castelá, duquesa de Lancaster desde 1371 até á súa morte.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Costanza era filla lexítima de Maria de Padilla e de Pedro I de Castela. Descendía, por vía paterna, dos reis de Portugal, pois a súa avoa paterna, a infanta María de Portugal, era filla de Beatriz de Castela e de Afonso IV de Portugal, e o seu avó paterno, Afonso IX de Castela, era fillo da infanta Constanza de Portugal e de Fernando IV de Castela.
Tras a morte do seu irmán, o príncipe herdeiro Afonso, en 1362, tendo el só 3 anos, Costanza foi nomeada herdeira de seu pai, pois era a súa filla máis vella (máis aló dela, só había as súas irmás, Beatriz, e Sabela).
Coa morte do pai, asasinado polo medio-irmán Henrique, en 1369, o trono dos reinos da Coroa de Castela fica sen herdeiro.
Os pretendentes ao trono eran Costanza, con só 15 anos e o seu tío ilexítimo Henrique de Trastámara, medio-irmán de seu pai e bastardo de Afonso XI de Castela e de Lionor de Guzmán.
En 1371, Costanza casa con Xoán de Gante, duque de Lancaster ou Lencastre (nome dado en Galiza e Portugal), fillo de Eduardo III de Inglaterra e de Filipa de Hainaut, posteriormente, ela e o seu marido serían aférrimos pretendentes ao trono da Coroa de Castela, chegando temporalmente dominar o reino de Galiza que lle solicitara axuda contra o castelán Henrique de Trastámara.
Esta cuestión ficou resolta coa subida ao trono de Henrique, en 1372.
Do casamento de Costanza e de Xoán de Gante, naceron:
- Catarina de Lancaster ou Plantagenet (1372?1418), consorte de Henrique III de Castela.
- Xoán Plantagenet (1372-1375).
Costanza faleceu en 1394, con tan só 40 anos, precozmente, debido á peste.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-11-29.