Andrómeda (constelación)
Andromeda | |
---|---|
![]() | |
Nome latino | Andrómeda |
Abreviatura | And |
Xenitivo | Andromedae |
Simboloxía | A princesa Andrómeda |
Ascensión recta | 1 h |
Declinación | 40° |
Área | 722 graos cadrados
Rango 19° |
Número de estrelas
(magnitude < 3) |
3 |
Estrela máis brillante | Alpheratz (α And)
(magnitude ap. 2,1) |
Choiva de meteoros |
Andromédidas (Biélidas) |
Constelacións
lindeiras |
|
Visible en latitudes entre +90° e −40°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de novembro | |
{{{notas}}} |
Andrómeda[1] é unha constelación boreal situada ó Sur de Cassiopeia e preto de Pegasus. Toma o seu nome da princesa Andrómeda. As súas estrelas non son de gran brillo. Comparte unha estrela coa constelación de Pegaso, é a estrela branco-azulada da esquina noroeste do cadrado de Pegaso, denominada Alpheratz ou Sirrah e é a Alfa Andromedae. O obxecto astronómico máis importante da constelación é a Galaxia de Andrómeda que se atopa a máis de 2 millóns de anos luz e é visible a simple vista.
Estrelas principais
[editar | editar a fonte]- α Andromedae (Alpheratz ou Sirah), de magnitude 2.07, estrela binaria branco-azulada. É a representante máis brillante das estrelas de mercurio-manganeso.
- β Andromedae (Mirach), tamén de magnitude 2.07, xigante vermella a 200 anos luz e variable semirregular.
- γ Andromedae (Alamak ou Almach), de magnitude 2,10 cun pequeno telescopio pode verse coma nun sistema dobre (γ¹ e γ²): á súa vez γ² é un sistema estelar triplo.
- ε Andromedae, cunha magnitude 4,34 é unha xigante amarela cunha órbita moi excéntrica ó redor do centro da galaxia.
- λ Andromedae, unha das máis brillantes variables RS Canum Venaticorum, cunha variación no seu brillo de 0,28 magnitudes cun período de 54,2 días.
- ν Andromedae, estrela binaria de magnitude 4,53 onde as súas compoñentes están moi preto entre si.
- ο Andromedae, sistema estelar cuádruplo de magnitude 3,62.
- π Andromedae, estrela binaria cunha compoñente azul e a outra branca separadas entre si uns 36 segundos de arco.
- υ Andromedae, anana amarela máis quente có Sol con tres planetas extrasolares.
- φ Andromedae, sistema binario formado por dúas estrelas branco-azuladas.
- S Andromedae, supernova que tivo lugar en 1885 na galaxia de Andrómeda, a primeira supernova observada fora da Vía Láctea.
- Z Andromedae, estrela variable cataclísmica que cada 10 ou 20 anos aumenta o seu brillo unhas 3 magnitudes. É o prototipo das estrelas simbióticas.
- GY Andromedae (HR 465), estrela variable cun espectro de emisión peculiar.
- Groombridge 34, estrela binaria formada por dúas ananas vermellas a 11,62 anos luz da Terra.
Obxectos notables do espazo profundo
[editar | editar a fonte]- Galaxia de Andrómeda (M31), (NGC 224). Ascensión Recta: 00h 42m 42.0s Declinación: +41°16'00" (Época 2000). A unha distancia de 2,2 millóns de anos luz é a galaxia de gran tamaño máis próxima á Vía Láctea. A simple vista observase coma un glóbulo neboento, o seu centro percíbese co uso de binóculos. Nos telescopios de aficionado apreciase coma unha mancha difusa amarelenta. Ten dúas compañeiras: M32 (NGC 221) Ascensión Recta: 00h 42m 42.0s Declinación: +40°52'00" (Época 2000) e M110 (NGC205) Ascensión Recta: 00h 40m 24.0s Declinación: +41°41'00" (Época 2000). Poden ser observadas con binóculos ou telescopios de baixo aumento, a primeira é máis brillante cá segunda.
- Andrómeda I e Andrómeda II, tamén galaxias satélites da galaxia de Andrómeda, pero de brillo tan feble que non poden ser observadas polos astrónomos afeccionados.
- NGC 752. Ascensión Recta: 01h 57m 48.0s Declinación: +37°41'00" (Época 2000). Cúmulo aberto a 4.5º de γ Andromedae.
- NGC 891. Ascensión Recta: 02h 22m 36.0s Declinación: +42°21'00" (Época 2000). Galaxia espiral que en telescopios de grande apertura amosa unha liña central escura. A 4º o leste de Gamma And.
- NGC 7662. Ascensión Recta: 23h 25m 54.0s Declinación: +42°33'00" (Época 2000). Tamén coñecida coma bola de neve azul, é unha nebulosa planetaria que se atopa a 2,5 º suroeste de ι Andromedae. 3´ o sur atopase NGC 7640 Ascensión Recta: 23h 22m 06.0s Declinación: +40°51'00" (Época 2000) é unha galaxia espiral barrada.
Mitoloxía
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3a/Andromeda_Hevelius.jpg/350px-Andromeda_Hevelius.jpg)
Casiopea e Cefeo, reís de Etiopía eran os pais de Andrómeda. A raíña Casiopea facía alarde da beleza da súa filla, e comparábaa coaás Nereidas, fillas do deus do mar Poseidón. As deusas mariñas, en resposta a esta afronta, exisíronlle a Poseidón vinganza e foi así coma este enviou o monstro mariño (Ceto) a asola-las costas do país.
Cefeo acudiu ó oráculo de Zeus, que lle aconsellou coma a única forma de calma-la ira dos deuses e librarse do monstro era sacrificando a súa filla Andrómeda atándoa a unha pena no acantilado para que o monstro a collese.
Nese intre Perseo viña de regreso da súa expedición contra a Gorgona, e vendo á vítima, namorou dela. Acudiu ó rei e propusolle libera-la súa filla a cambio da súa man. Perseo matou o monstro amosándolle a cabeza de Medusa, que traía coma trofeo da súa última aventura, converténdoo en coral.
Fineo, tío da princesa e con quen estaba comprometida en matrimonio, xurou vingarse de Perseo e cos seus partidarios acurralaron ó heroe para matalo. Este non tivo máis recurso que utiliza-la cabeza de Medusa converténdoos en pedra, con tan mala fortuna que os pais de Andrómeda tamén se converteron en pedra.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Andrómeda (constelación) |