Constituíntes verbais
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Na análise da flexión verbal do portugués, Mattoso Câmara segmenta catro constituíntes: o radical (R), formado por un morfema lexical que pode levar morfemas derivacionais; a vogal temática, que amplía o radical e serve para clasificar morficamente os verbos; o sufixo modotemporal (SMT), con amálgama das nocións gramaticais de modo e tempo; o sufixo número-persoal (SNP), onde están amalgamadas as nocións de número e persoa do suxeito. Os dous primeiros constituíntes forman o tema e os outros o sufixo flexional.
Na descrición sincrónica do verbo galego realizada por Antón Santamarina aplícase o método proposto por Mattoso Camara. E o mesmo se fai na gramática galega:
O verbo galego, coma o de tódalas linguas románicas, consta dun tema e dun sufixo flexional; á súa vez no tema distínguese unha raíz (R) e unha vogal temática (VT), mentres que o sufixo flexional se subdivide en sufixo modo-temporal (SMT) e sufixo de número e persoa (SNP).
A vogal temática é un morfema que clasifica os verbos en tres clases mórficas ou conxugacións. De acordo co comportamento da raíz e mais da vogal temática distínguense verbos regulares e irregulares.
Ó ser un elemento léxico, a raíz é o único constituínte verbal de aparición necesaria, mentres que tódolos demais morfemas poden estar representados ou non.
Os verbos regulares teñen, normalmente, unha única raíz para todo o paradigma, mentres que os irregulares xeralmente presentan, cando menos, dúas raíces: unha delas coincide coa do infinitivo e aparece nos tempos do tema de presente e a outra encóntrase nos tempos do tema de perfecto e diverxe en maior ou menor grao da raíz do infinitivo. Teñen tema de perfecto os seguintes tempos: perfecto, pluscuamperfecto, imperfecto de subxuntivo, e futuro de subxuntivo; os restantes tempos constrúense co tema de presente.
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Álvarez, R., Monteagudo, H., Regueira, X. L. (1986): Gramática Galega, Vigo. Galaxia, 1995
- Camara Jr., J. Mattoso (1970): Problemas de linguística descritiva. Petrópolis: Vozes, 1970
- Camara Jr., J. Mattoso (1982): Estrutura da língua portuguesa. Petrópolis: Vozes, 1982
- Femández Rei, F. (1991 [1986]): "Conservadurismo e innovación no sistema de desinencias verbais do galego: o perfecto", in D. Kremer (ed.): Actes du XVIII Congrès International de Linguistique et de Philologie Romanes (Université de Trier, 1986). Vol. 3. Tübingen: Max Niemeyer, 1991, pp. 632–644.
- Femández Rei, F.: "Vocal temática e conxugación verbal. A expresión da clase mórfica en español, catalán e galego moderno", in Homenaxe ó profesora *Pilar Vázquez Cuesta Universidade de Santiago
- Nicolás, R. (1 993): Diccionario dos verbos galegos. Pontevedra: 0 Cumio.
- Piel, J. M. (1944): 'A flexao verbal em portugês', separata de Biblos 20.
- Santamarina, A (1974): El verbo gallego. Anexo 4 de Verba. Santiago.