Constitución de Andorra
A Constitución de Andorra (en catalán: Constitució d'Andorra) é a lei fundamental do Principado de Andorra. Foi aprobada o 2 de febreiro de 1993 e foi ratificada polo pobo andorrano mediante referendo o 14 de marzo do mesmo ano. De acordo coa mesma constitución, entrou en vigor o día da súa publicación no Butlletí Oficial del Principat de Andorra, o 28 de abril de 1993.
A constitución foi firmada polos dous co-príncipes, o presidente da República Francesa e o bispo de Urgell, cargos que naquela época ostentaban François Mitterrand e Joan Martí Alanis respectivamente. A nova constitución estipulaba que estes dous cargos serían a figura de xefe do estado. Non obstante, a figura do coprincipado existiu dende hai moitos séculos coa única diferenza que a figura do copríncipe francés estaba representada no pasado polo rei de Francia ou polo conde de Foix.
O xefe do executivo é o Cap de Govern d'Andorra.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Texto da constitución Arquivado 19 de setembro de 2017 en Wayback Machine.
- A constitució en diferentes linguas