Consuelo Martínez López
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1955 (68/69 anos) Ferrol, España |
Educación | Universidade de Zaragoza - matemáticas (–1980) |
Director de tese | Javier Otal Cinca |
Actividade | |
Campo de traballo | Teoría de grupos, criptografía, Teoría de códigos, álxebra de Lie e Superalgebra (en) |
Ocupación | matemática, alxebrista, profesora universitaria |
Empregador | Universidade de Oviedo, catedrático de universidade |
Obra | |
Doutorando | Ignacio Fernández Rúa (en) , Elías Fernández Combarro Álvarez (en) , María del Pilar Vicente Matilla (en) , Elena Couselo Hernández (en) , Ignacio Cascudo Pueyo (en) e Juan Carlos Gutiérrez Fernández (pt) |
Premios | |
| |
Consuelo Martínez López, nada en Ferrol en 1955, é unha matemática e catedrática de Álxebra galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Matemáticas pola Universidade de Zaragoza en 1977.[1] Doutorouse pola mesma universidade en 1980 coa tese titulada Formaciones saturadas en una clase de grupos localmente finitos PI-resolubles, dirixida por Javier Otal.[2][3] É catedrática na facultade de Ciencias da Universidade de Oviedo.[4][5]
A súa investigación céntrase na álxebra abstracta co fin de aplicala á teoría da información, á criptografía e ós códigos correctores de erros, utilizando estruturas alxebraicas resistentes para o deseño de sistemas de cifrado.[1] Investiga as álxebras e superálxebras non asociativas e as súas interrelacións coa teoría de grupos.[1] Foi quen de construír o anel completo de cocientes dun álxebra de Jordan para as superálxebras graduadas por sistema raíz, problema inicialmente proposto por Jacobson.[6]
Colabora, dende os anos noventa,[6] co matemático da Universidade de California San Diego e gañador da medalla Fields Efim Zelmanov.[1]. Xuntos estudan as conexións de grupos e álxebras cos retos e conxecturas do problema restrinxido de Burnside.[6] Conseguiron, entre outros resultados, a clasificación de superálxebras de Jordan simples finito dimensionais en característica prima.[1] Ocupou, entre outros, os seguintes cargos:
- Codirectora da Revista Matemática Iberoamericana (RMI)[6]
- Membro da Comisión Científica da Real Sociedad Matemática Española de 2003 ata 2012[6]
- Membro da comisión de Física e Matemáticas da Comisión Nacional Evaluadora de la Actividad Investigadora (CNEAI)[1]
- Membro do Comité de Ciencias Experimentais da Axencia Vasca (UNIBASQ).[1]
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Medalla da Real Sociedad Matemática Española en 2008 [4]
Obras
[editar | editar a fonte]É autora de numerosas publicacións en revistas científicas[7], entre outras:
- "Algebra y supersimetría". Gaceta de la Real Sociedad Matemática Española, (en castelán) 20 (2): 399–416. 2017. ISSN 1138-8927.
- Couselo Hernández, Elena; Santos González Jiménez, Victor Markov; Martínez López, Consuelo; Nechaev, Alexander (2012). "Ideal representation of Reed-Solomon and Reed-Muller codes". Algebra and logic (en castelán) 51 (3): 195–212. ISSN 0002-5232.
- Martínez, Consuelo (2010). Simple Jordan superalgebras and the coordinatization theorem. Proceedings of Jordan Structures in Algebra and Analysis meeting. Tribute to El Amin Kaidi. Almería (España). pp. 191–202.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Martínez, Consuelo (primeiro trimestre de 2014). ICMAT, ed. Ruiz Guevara, Patricia. "ENTREVISTA: Consuelo Martínez, catedrática de Álgebra en la Universidad de Oviedo". Newsletter (en castelán) (14). Consultado o 31 de xullo de 2018.
- ↑ "Consuelo Martínez López". Mathematics Genealogy Project (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2018. Consultado o 31 de xullo de 2018.
- ↑ "Ficha da tese". Dialnet (en castelán). Consultado o 31 de xullo de 218.
- ↑ 4,0 4,1 "Resolución de la edición de 2018 de las Medallas de la RSME". Real Sociedad Matemática Española (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2018. Consultado o 31 de xullo de 2018.
- ↑ "Personal docente e investigador". universidade de Oviedo (en castelán). Consultado o 31 de xullo de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 "Consuelo Martínez y Antonio Ros. Dos nuevos directores de la RMI". Real Sociedad Matemática Española (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2018. Consultado o 31 de xullo de 2018.
- ↑ Comisión Interministerial de Ciencia y Tecnología (ed.). "Curriculum vitae" (en castelán). Consultado o 31 de xullo de 2018.