Contos Estraños
Contos Estraños | |
---|---|
Tipo | editorial |
Data de fundación | 2011 |
Sede | Santiago de Compostela |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
Contos Estraños é unha empresa editora en lingua galega con sede en Santiago de Compostela.
Historia
[editar | editar a fonte]Creada no ano 2011 coa intención de promover a literatura de fantasía, terror e ciencia ficción. Os seus fundadores foron Fernando M. Cimadevila e Tomás González Ahola e o proxecto púxose en marcha cunha chamada en Internet á que acudiron diversos autores.
O proxecto editorial foi enfocado en tres liñas diferenciadas. Unha revista periódica onde se reunirían en volumes colectivos as creacións dos numerosos escritores e ilustradores, a publicación de novelas individuais e unha liña infantil que, segundo as palabras dos seus propios creadores, "servise para ir frikizando ás xeracións máis novas".
Durante dous anos, entre xuño de 2015 e xuño de 2017 foi un selo da editorial Urco[1].
Obras
[editar | editar a fonte]Revista
[editar | editar a fonte]- Contos Estraños, Nº0 Amañeceres Estraños
- Contos Estraños, Nº1 Anoiteceres estraños
- Contos Estraños, Nº2 Xornada Fantástica
- Contos Estraños, Nº3 Vieiros do Mañá
- Contos Estraños, Nº4 Nadal Impío
- Contos Estraños, nº5 Verbas de Atenea
- Contos Estraños, nº6 Lendas de Galaecia
- Contos Estraños Segunda Era
- Contos Estraños, nº7 Encontros na Terceira Era
- Contos Estraños, nº8 O choque dos mundos
- Contos Estraños, nº 9 Retallos do apocalipse
- Contos Estraños nº 10 A Sombra Primixenia
- Contos Estraños nº 11 A Rebelión de Prometeo
- Contos Estraños nº 12 Visitantes de Alén da Lúa
- Contos Estraños nº 13 Visitantes de Alén da morte
Novelas individuais
[editar | editar a fonte]- Os Abismos da Noite Eterna. Vol I. O Morador da Fenda. Roberto A. Rodrigues.
- Magumba. Fabián Plaza Miranda
- As Crónicas de Bran. Vol I. A revolta dos Mestres. Xosé Duncan.
- Galiza Mutante: Poder Nuclear! Tomás González Ahola
- Os Abismos da Noite Eterna. Vol II. A Lenda do Xameldín. Roberto A. Rodrigues.
- As Crónicas de Bran. Vol II. A porta de Annwn. Xosé Duncan.
- As Crónicas de Bran. Vol III. O solpor dos deuses. Xosé Duncan.
- As aventuras de Margaret White. A balada do solitario. Manuel Moledo (ilustracións; David Fajardo)
- Os Abismos da Noite Eterna. Vol III. A luz que creba a noite. Roberto A. Rodrigues.
Liña infantil
[editar | editar a fonte]- As aventuras do Apalpador. Apalpador vs Papá Noel. Textos. Fernando M. Cimadevila. Ilustracións. Jose Angel Ares
- Plof, historia dun globo. Texto. Manuel González Fernández de Tejada. Ilustracións. Xoana Álvarez Martín
- As aventuras do Apalpador. O tesouro dos mouros. Textos. Fernando M. Cimadevila. Ilustracións. Jose Angel Ares
- As aventuras do Apalpador. A carballeira dos druidas. Textos. Fernando M. Cimadevila. Ilustracións. Jose Angel Ares
- As aventuras do Apalpador. As portas do tempo. Textos. Fernando M. Cimadevila. Ilustracións. Jose Angel Ares
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Diana Mandiá "A idade adulta da fantasía" El País, 9/2/2012.
- Contos Estraños no Facebook
- ↑ "Sobre nós". Contos Estraños.