Contos de lobos
Contos de lobos | |
---|---|
Autor/a | Ánxel Fole |
Orixe | España |
Lingua | Lingua galega |
Colección | Literatura. Montes e fontes |
Xénero(s) | Narrativa |
Editorial | Edicións Xerais de Galicia |
Data de pub. | 1985 |
Páxinas | 88 |
ISBN | ISBN 84-7507-201-1 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Contos de lobos é unha obra narrativa de Ánxel Fole, publicada en 1985 por Edicións Xerais de Galicia[1] e reeditada en 1986 (ISBN 8475073700) e 1996 (ISBN 978-8475073705) pola mesma editorial como Contos de lobos e outros relatos, dentro da colección Biblioteca das Letras Galegas.
A selección dos contos, a introdución e as notas son obra de Claudio Rodríguez Fer.
Características
[editar | editar a fonte]Claudio Rodríguez Fer escolleu tres contos relacionados cos lobos.
- Os lobos publicado en Á lus do candil e logo noutras edicións posteriores.
- O morto entrara ca xistra publicado en Terra brava. Contos da solaina.
- Lobos te coman! publicado no nª 10 da revista Grial e posteriormente en Historias que ninguén cre.
Introdución
[editar | editar a fonte]1. Aproximación a Ánxel Fole
- Presentación
- Cronoloxía
- Bibliografía
2. O lobo nos contos de Fole
- A dimensión física
- A dimensión mítica
3. Comentario do conto Os lobos
- A temática
- Tema central
- Temas secundarios
- Contexto ou marco temático
- Técnica
- Estrutura
- Lingua
- Conclusión
Contos
[editar | editar a fonte]Os lobos
[editar | editar a fonte]Comeza cunha afirmación Moitas veces ouvín decir que os lobos non atacan as persoas. E iso non é certo. [2] Como o caso do secretario de Caldas que foi comido por eles e iso que levaba un revólver de seis cartuchos. O lobo se non se lle fire de norte é pior. Eu matei un con dous tiros de postas… Cecais non se me arrepuxo porque era de día… De noite médralles o corazón e son moi valentes. [2] O señor cura de Peites tamén matou un lobicán. Describe como os lobos “traballan” á xente, como a acompañan, así lle pasou ao Pastrán de Visuña. E logo conta o caso principal do relato:
"“Todos coñecedes coma min ó Emilio, o castrador de Rugando, atendede ben e xa sabereis que é certo todo canto levo dito encol dos lobos” . [3]"
Era pola Santa Lucía (13 de decembro), nunha noite de moita néboa bótase ao camiño desoíndo os consellos de que quedase a durmir. Os lobos vanse achegando aos poucos e vano traballando. Remata as pedras e os fósforos, aos lobos relócenlles os ollos, un deles arríncalle o caxato, danlle cos rabos nas pernas. Cando sa xe ve perdido escoita voces, son os seus tres cuñados e os cans que o andaban buscando. Cae desmaiado. Remata:
"Pra que vexades como traballan os lobos á xente.[4]"
Extras para este conto
[editar | editar a fonte]- A Xunta de Galicia, realizou un vídeo sobre o conto.[5]
- Ogalego.eu ten un comentario completo do conto.[6]
O morto entrara coa xistra
[editar | editar a fonte]Trata da morte do señor Enrique-María. O señor saíra nunha noite de neve e frío. Chega á casa o seu can laiándose. Ségueno un grupo de homes con fachóns de palla acesos. Atoparán o corpo do señor xa morto na neve. Volven tal que unha Santa Compaña. A señora Mercedes, que nada sabía, xa o sospeita e agarda polo cadáver.
“Lobos te coman!"
[editar | editar a fonte]Comeza o relato dirixíndose ao auditorio para aclarar conceptos que darán pé á historia contada (técnica do conto oral): Ben sei que sabedes que, en galego, o lobo, en singular, son os lobos. “Batín co lobo” quer decir que lle saíron a un os lobos ó camiño. Mais eu sentín dicir eisí as falas que tidúan esta historia dos montes do Caurel. [7] Vai botar unha tempada coa tía e madriña Fernanda, viúva, que pasou moitos traballos primeiro co home (andaba tras das rapazas e perdía os cartos na xogueta) e agora cos fillos. Non fan máis ca gastar, cazar e andar de troula. Os fillos non estudaron aínda que consumiron ben diñeiro. A muller non fai máis ca dar queixas. Volven os fillos dunha longa partida de caza pero o máis pequeno, o Pepiño, non chega. Preocúpase a nai e saen buscalo nun coche polo Courel. Darán con el nunha taberna durmindo a bebedela. O pousadeiro cóntalle a historia dunha cruz que ven paseando. Resulta que o Monchiño, de casa boa, namora de Engracia, de casa pobre. Os pais del non os deixan casar mesmo quedando embarazada a rapaza, non hai maneira coa nai. El decide deixar todo e marchar á emigración, a rapaza, xa con meniño, veo marchar e bótalle unha maldición: Covarde, que consintes en ver perdido o teu sangue! Lobos te coman! Anos despois el volveu con cartos decidido a casar coa Engracia. Pero ela xa casara con outro e a noite que el volve cae nun barranco e cómeno os lobos. Disque a Engracia morreu de pena pola maldición e a nai do Moncho arrepentiuse de non o deixar casar. No remate: No fondo do meu corazón eu agradecíalle ao Pepiño que se emborrachara. Senón, eu no podería escoitar tan interesante historia... [8]
Conto de ambiente da montaña do Courel con moita toponimia e mesmo se aventura a etimoloxía dalgún lugar como Goia e se fala do nacemento do Romanticismo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fole, Ánxel (1985). Contos de lobos. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-201-1.
- ↑ 2,0 2,1 Fole 1985, p. 47.
- ↑ Fole 1985, p. 49.
- ↑ Fole 1985, p. 51.
- ↑ Anxo González (2012-01-14). "Os lobos (adaptación do conto de Anxel Fole).". Consultado o 2019-07-15.
- ↑ "Os lobos. Anxel Fole. Texto comentado". www.ogalego.eu. Consultado o 2019-07-15.
- ↑ Fole 1985, p. 71.
- ↑ Fole 1981, p. 80.