Convención relativa á conservación da vida silvestre e do medio natural de Europa
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d1/Bern_Convention.svg/190px-Bern_Convention.svg.png)
O Convenio relativo á Conservación da Vida Silvestre e do Medio Natural de Europa, máis coñecido como Convenio de Berna foi un tratado internacional que ten como obxectivo garantir a conservación da vida silvestre e do medio natural de Europa mediante unha cooperación entre os Estados.
Este Convenio asinouse en Berna o 19 de setembro de 1979, e a Unión Europea é parte contratante desde a Decisión 82/72/CEE do Consello Europeo, de 3 de decembro de 1981, que entrou en vigor o 6 de xuño de 1982.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Na Convención de Washington de 1973 sobre Comercio Internacional de Especies Ameazadas de Flora e Fauna Silvestres incluíuse o primeiro catálogo internacional de especies protexidas fronte á explotación comercial. Este convenio afectaba principalmente á fauna e á flora doutros continentes.
Pretendíase mellorar esta situación a través de dous convenios asinados en 1979. Son o Convenio de Convenio de Bonn, sobre aves e outra sobre a fauna migradora, e o de Berna, sobre todo tipo flora e fauna ameazada.
O Convenio de Berna foi o impulsor da creación de catálogos nacionais de especies protexidas nos Estados membros. En 1980 aprobouse o primeiro catálogo español de especies de fauna protexidas,[2][3] e en 1982 creouse o catálogo de flora protexida.[4][5][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Convenio de Berna".
- ↑ Real Decreto 3181/1980
- ↑ Real Decreto 1497/1986
- ↑ Decreto 3091/1982
- ↑ Orde de 17 de setembro de 1984
- ↑ Servicio de Información Ambiental del Principado de Asturias. Especies Protegidas: Líneas de Actuación Arquivado 03 de xuño de 2010 en Wayback Machine..