Conversa:África do Norte
Aparencia
Untitled
[editar a fonte]As Azores consideranse parte de africa??--Carronada 14:47, 14 xuño 2008 (UTC)
- Tes razón en sorprendente, foi fallo meu, aínda que ás veces considéranse parte de África o certo é que o habitual é non facelo.--Arco de Rayne 22:04, 14 xuño 2008 (UTC)
- Un comentario para ver se alguén o sabe seguro: os termos setentrional, occidental, oriental, etc. eu creo que deben poñerse en minúscula cando se fala simplemente de áreas xeográficas, como sería o caso de África setentrional (e non África Setentrional como está redirixido). Outra cousa é cando se trata do nome concreto dun país, no que iría con maiúscula, como pode ser en Virxinia Occidental (West Virginia). Iso é o que eu creo e os exemplos no dicionario da Academia veñen en minúscula (ver setentrional). Habería que comprobalo. Eu tamén cometín un erro (xa solucionado) cando estaba a facer unha páxina sobre o virus da SIDA e puxen a redirección África septentrional (sobraba o p). A páxina na que estou a traballar de subtipos do VIH ten agora ligazón con África Setentrional.--Miguelferig (conversa) 24 de marzo de 2013 ás 17:58 (UTC)
- Outra cousa, eu creo que sería mellor norte de África que África do Norte. Non é igual que o caso de América do Norte, xa que existe tamén América do Sur, que se consideran como entidades separadas (continentes). Igual con Sudán do Sur, Dakota do Norte, Dakota do Sur, Corea do Norte etc. Poderíamos falar do norte de América do Norte, que serían as zonas árticas de Canadá e Alasca, ou do norte de América do Sur, que sería a zona de Colombia, Venezuela, Guianas. Igual pasa con sur de África, que comprende varios países: Namibia, Mozambique, República de Suráfrica etc. Ao contrario, Suráfrica (ou República de Suráfrica) é un só país. Ademais, cando se di norte de África ou sur de África, os puntos cardinais van en minúscula (ver o exemplo no DRAG da entrada "surafricano", que di: "Do sur de África ou da República de Suráfrica e dos seus habitantes"). Tamén se di no artigo "África Subsahariana", que eu poñería con minúscula (África subsahariana), pero, ao contrario, está ben Sáhara Occidental se se refire ao país chamado así, pero se nos estivesemos refirindo a todo o deserto do Sahara, habería que dicir Shara occidental ou oeste do Sahara, que comprendería ese país e os outros veciños que estivesen na parte occidental dese deserto.--Miguelferig (conversa) 27 de setembro de 2024 ás 22:10 (UTC)