Saltar ao contido

Conversa:Área metropolitana de Zaragoza

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Non me parece serio basear a existencia dunha área metropolitana nun estudo de sete páxinas publicado nunha revista: Carácter y localización de las nuevas empresas en el área metropolitana de Zaragoza (1997-2000) na Revista Cuatrimestral de Geografía e que ademais non é un estudo feito pola Universidade de Zarazoga senón en todo caso por profesores desa universidade, aínda que na referencia non se establece. Ademais non é un estudo para delimitar unha área metropolita senón que o que estuda é a instalación de empresas nunha área que o estudo chama área metropolitana, e habería que saber en base a que fontes.

É revelador outra referencia que aparece na wikipedia en español: Interpretación del hecho metropolitano en Zaragoza, que é unha proposta feita en 1996 de delimitación da área metropolitana de Zaragoza, que non existe xa que a propia autora Yolanda Sánchez Degano fala, e é cita textual la supuesta área "metropolitana de Zaragoza" [1]. --Arco de Rayne 13:54, 27 maio 2008 (UTC)

  • Se nun par de días non se dan referencias da existencia desta área metropolitana proporei a páxina para borrar se ninguén o fixo antes.--Arco de Rayne 13:58, 27 maio 2008 (UTC)
  • Se o que se di enriba é certo o mellor é borrar a páxina.--Biógrafo 15:39, 2 xaneiro 2009 (UTC)