Conversa:A Dream Is a Wish Your Heart Makes
Aparencia
Cinderella - A Cincenta
[editar a fonte]Se ben dende logo o primeiro termo que utilicei non era correcto, atopei algúns productos de Disney que usan o nome de "A Cincenta", se ben non son propiamente o DVD polo que non sei se con iso chega para que sexa válido en lugar do nome orixinal.
Por outro lado, o cambio de categoría non o entendo. Se ben é certo que é unha composición musical, tamén é un single e creo que sería convinte separar os distintos tipos de composicións, xa que a nada que se empecen a crear artigos vamos a ter que ordenalos por tipos de composicións dentro do ano.
Un saudo. --Jordav 22:18, 12 novembro 2008 (UTC)
- Ola, ando pescudadndo se hai algo sobre o conto ou o filme de Cinderella traducido ó galego para saber cal é o nome. Polo de agora o filme de 1950 non ten versión en galego, polo que ten que aparecer co título na súa versión orixinal. Por outra banda, mudei a categoría porque hai pouco aprobouse unha estrutura para a categorización de Música que non inclúe o separar por "singles", senón que tódalas composicións musicais (singles ou non) van na mesma. Podes atopa-la info sobre o debate da estrutura aquí: Conversa Wikipedia:Wikiproxecto Categorías/Música e nestoutra a póla completa das categorías: Wikipedia:Wikiproxecto Categorías/Música. Suponse que como obtivo o consenso da comunidade hai que cinguirse a ela. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 22:25, 12 novembro 2008 (UTC)
- Pois temos un problema co tema da categoría, xa que levo varios días creando artigos sobre singles e fun categorizandoos por singles por ano e por artista como podes ver na categoría de Música (non sei poñer o enlace a unha categoría no texto :$). Se ven non comparto a estructuración (a vexo insuficiente para un futuro e vai levar moito traballiño restructurala máis adiante) que se esta a seguir, a asumo, e a partir de agora acatareina. ¿Normalmente canto tempo pasa ata que se volven abrir este tipo de discusións para decidir politicas da galipedia? Un saudo --Jordav 22:50, 12 novembro 2008 (UTC)
- Non te preocupes, tentarei mudar eu as categorías. Non sei canto tempo ten que pasar para volver abrir a discusión, acaba de aprobarse hai non moito, pero penso que mentres non sexan emendas á totalidade sempre podes propolas aquí, pódense facer pequenas correccións sobre a marcha, se hai consenso, penso eu. E finalmente, para pór unha ligazón a unha categoría no texto é así [[:Categoría:Música]]. Un saúdo. Alberte Si, dígame? 22:56, 12 novembro 2008 (UTC)