Saltar ao contido

Conversa:Ama de leite

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

¿Prehistoria?

[editar a fonte]

¿E como se sabe se había ou non amas de leite na prehistoria? É posible que as houbese, pero non podemos afirmar tal cousa. Pedro Lameiro (conversa) 12 de xuño de 2023 ás 21:30 (UTC)[responder]

@Lameiro:: Engadida referencia desde es.wiki. Cando sexa así, podes engadir o modelo {{cómpre referencia}}, suprimir a afirmación, ou buscar no historial da artigo a orixe da información. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 13 de xuño de 2023 ás 06:42 (UTC)[responder]
@Estevoaei: Non sei o que dirá esa referencia, pero ¿ti cres que se realmente di o das amas de leite na prehistoria, é algo crible? Insisto en que nada, nada, nada pode basear esa afirmación. Pedro --Lameiro (conversa) 13 de xuño de 2023 ás 12:58 (UTC)[responder]
E, por certo, a fonte non di tal cousa. Fala de referencias máis antigas en Mesopotamia, e iso non é prehistoria. Pedro --Lameiro (conversa) 13 de xuño de 2023 ás 13:00 (UTC)[responder]
@Lameiro: (copio e pego de Wikipedia:Edita con afouteza): "Cantas veces liches un artigo e pensaches «por que esta páxina non está corrixida ou se amplía»? A Wikipedia non só che permite crear, revisar e modificar artigos: agardamos que o fagas". --Estevo(aei)fálame aquí 13 de xuño de 2023 ás 14:23 (UTC)[responder]