Saltar ao contido

Conversa:Arao papagaio

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled

[editar a fonte]

De sempre nas costa galega de Ferrol se lle chamou arao loro, de onde es ti?, xamais se lle chamou arao papagaio, non inventemos nomes. Ademais é o nome que recoñen dicionarios.--Miñato 17:02, 16 outubro 2006 (UTC)

Quizais a razón que dera Oscarpc21 para mover a páxina non sexa a correcta, non entro niso, pero semella que o nome Arao papagaio si se utiliza. Na miña lista de nomes de paxaros recopilada de diversas fontes fiables galegas aparece ese nome. En concreto a fonte é a Sociedade Galega de Ornitoloxía. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:19, 16 outubro 2006 (UTC)


Se arao papagaio é unha forma avalada por institucións serias como a Sociedade Galega de Ornitoloxía entón non teño nada que obxectar, aínda que teño que dicir que arao loro é unha forma popular cando menos no norte do país e que aparece en dicionarios e obras de divulgación. O único que cando se mova unha páxina se dean razóns de peso, se a razón fora desde o primeiro "nome avalado pola Sociedade Galega de Ornitoloxía" eu non volvería a mover a páxina.--Miñato 17:28, 16 outubro 2006 (UTC)

E que a min máis razón de peso que non aparecer no dicionario non atopo outra, e o da lista non o sabía, pero como vin o termo arao papagaio en varios sitios, xunto co de non aparecer no dicionario pareciame suficiente.


digo eu: non será "arao louro" en ultimo caso? "loro" é un castelanismo!


Non me quero meter no que non sei pero loro si existe: é unha correa que se ata ó carro de bois, aínda que non creo que teña que ver co paxaro.--Penny Black 20:00, 16 outubro 2006 (UTC)



Tendo en conta que o termo loro é proscrito polo VOLG, para o que propón papagaio, propoño regresar esta entrada á súa orixinal arao papagaio. --Xabier Cid 19:23, 3 xullo 2007 (UTC)

  • Coincido con Xabier. Non o podo confirmar pero estou convencido de que o apelativo "loro" vén da semellanza do peteiro co dos "loros". Posteriormente, co paso dos anos e das normativas, houbo que buscarlle outro nome polo que aquel tiña de castelanismo, e así naceu o do "papagaio". É unha denominación de ornitólogos, non popular: seguro que ningún mariñeiro que os viu toda a vida lle chama "papagaio", senón "loro", pero hai que ser respectuosos coa normativa e ir erradicando castelanismos coa este e tantos, tantos outros. Por suposto, o "loro" do carro non ten nada que ver; este vén de "lorum", que ten algo que ver co coiro de que está feita esta peza. Pedro --Lameiro 20:14, 3 xullo 2007 (UTC)
Feito. --Prevertgl 09:53, 6 xullo 2007 (UTC)