Conversa:Ares
Aparencia
Detalles das contribucións e análise de visitas á páxina. |
Untitled
[editar a fonte]Esta páxina non debería estar ocupada polo concello Galego? Lansbricae (Ti dirás) 17:33, 30 setembro 2007 (UTC)
- Listo, fixen Ares (homónimos) e cambiei tódalas ligazóns. Marquei Ares e Ares, A Coruña para fusionar. --☣Banjo tell me 19:09, 30 setembro 2007 (UTC)
- Eu penso que hai demasiados artigos "Ares", todos moi importantes: o deus, a localidade, o programa P2P (creo que o artigo aínda non existe, pero non tardará), etc. Por iso mesmo penso que debería redirixirse este artigo ao de homónimos, e logo desde alí que a xente escolla. --Gallaecio 19:21, 30 setembro 2007 (UTC)
- É norma na Galipedia que o nome dun concello galego sexa o principal e os outros significados vaian nunha páxina de homónimos de aí que non se discutise cal poñer, senón que detectado que neste caso non se cumpría Banjo fixo o traballo para poñelo como no resto de concellos. Lansbricae (Ti dirás) 19:55, 30 setembro 2007 (UTC)
- Non o sabía, grazas por avisar. --Gallaecio 20:07, 30 setembro 2007 (UTC)
Sonia Castelo
[editar a fonte]A actriz Sonia Castelo, naceu en Ferrol. Os seus pais pasan longas temporadas en Ares, máis ela naceu en Ferrol.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Pedovi (conversa • contribucións)
- Info retirada. Ademais, o de personaxes de sona é unha sección que nalgún momento será suprimida, deste e de todos os demais artigos. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 14:24, 15 de xaneiro de 2011 (UTC)
Confusión habitual patrimonio/turismo
[editar a fonte]Cómpre non caer no erro habitual de incluír o patrimonio (natural, cultural etc) dentro dun apartado "turismo". O patrimonio (xeográfico, arquitectónico...) ten entidade, valor e interese enciclopédico de seu, con independencia do fenómeno turístico, e non debe ir supeditado nun apartado "Turismo". --. HombreDHojalata.conversa 24 de marzo de 2017 ás 08:17 (UTC)