Saltar ao contido

Conversa:Bilurico escuro

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bilurico patirrubio (perigo de confusión)[editar a fonte]

O nome bilurico patirrubio déuselle a dúas especies distintas:

  • Para Penas Patiño o bilurico patirrubio é o Tringa erythropus. Neste caso erythropus significa 'pés vermellos'.
  • Para Conde Teira o bilurico patirrubio é o Tringa totanus, unha ave con patas intensamente vermellas.

Non se deben confundir. Optei por non poñer como título de páxina bilurico patirrubio en ningún dos dous casos, senón outros nomes que se lle deron que non producen confusión. Non obstante, o problema se presenta ao poñer a redirección de bilurico patirrubio, que podería estar redireccionado a calquera das dúas páxinas, polo que optei por non poñer ningunha redirección en ningún dos casos. Non sei se hai algunha solución para estes casos.--Miguelferig (conversa) 11 de agosto de 2019 ás 11:34 (UTC)[responder]